Skip to Content

GRADUACIÓN 6ºEP

Os rapazes e rapazas de 6º rematan a súa etapa no colexio para iniciar unha nova no instituto.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixade aquí.

Desexámovos o mellor no que está por vir.

 

BO VERÁN!!!!

As nenas, os nenos, o profesorado e todas as persoas que estamos día a día no colexio queremos agradecer o esforzo realizado para superar este curso tan excepcional e desexarvos un BO VERÁN!!!!!!

 

IMOS A PRIMARIA!!!!

As nenas e nenos dos amorodos e dos millos xa son maiores. O próximo curso van iniciar, ilusionados e contentos, una nova etapa .

Este luns celebraron a súa graduación chea de ledicia, sorisos, emoción e, tamén, algunhas actuacións. Se queredes vela premede nas imaxes.

 

   

 

 

PARABÉNS E SORTE!!!

Outra promoción máis que remata a súa etapa neste colexio e coma todas é especial e única.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixade aquí.

Os mestres e mestras de 6º queremos despedirnos con este pequeno vídeo.

Que cos vosos valores, o voso traballo e bo facer  fagades desta unha sociedade mellor.

 

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DO 3º TRIMESTRE EN ABALAR

A publicación das cualificacións da terceira avaliación a través de Abalar realizarase o 22 de xuño nos seguintes horarios*:

  • 14:00 horas: E. Infantil, 1º e 2º de EP.
  • 15:00 horas: resto de niveis de EP.

*A publicación en horarios diferentes é debida a motivos informáticos.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022

Desde o 20 xuño ata o 30 de xuño, ambos incluídos, estará aberto o prazo para a formalización da matrícula do alumnado que obtivo praza no centro para o curso 2021/2022.

Debe presentarse a seguinte documentación en secretaría:

  • Dúas fotografías actualizadas tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Cartilla de vacinación actualizada.
  • DNI do alumno/a (no caso de telo).
  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada (pode realizarse no propio centro) da setenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

PROXECTO SEMENTE 2021

 

O Proxecto Semente 2020/21 organizado polo Concello de A Coruña está chegando ao seu fin. Os nenos e nenas de 5ºB levan meses traballando na súa cooperativa, Vida Verde, e facendo todo tipo de produtos artesáns.

Este venres 28 de maio, estes pequenos grandes emprendedores e emprededoras estarán, xunto con outros 7 colexios do concello, na Praza de María Pita entre as 16:30 e 20:30 horas para vender os produtos artesáns nos que, con tanto esforzo e cariño, levan meses traballando.

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos convidar a toda a comunidade educativa a achegarvos polo posto da súa cooperativa Vida Verde.

Contamos con vós!

DÍA DO LIBRO 2021

Como cada 23 de abril celebramos no cole o Día do libro

Os libros din moito de nós, polo que os nenos e nenas trouxeron os seus libros favoritos para ler e así poder coñecelos un pouco mellor.

Preme nas imaxes para saber que libros trouxeron neste día de festa. 

 

 

 

“O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito”. Miguel de Cervantes.

DÍA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA - SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

A EDUCACIÓN FÍSICA GUÍA O CAMIÑO.

O día da Educación Física na Rúa do CEIP San Pedro de Visma fíxose eco na prensa local da Opinión de A Coruña.

Celebramos este evento durante dous días realizando rutas de sendeirismo que ampliaban os circuitos do noso camiño de Santiago do proxecto "Sementa Camiño". As rutas realizáronse polo parque dos mariñeiros, parque Adolfo Suárez e o barrio de San Pedro de Visma. Todo unha experiencia positiva na que puxo ainda máis en valor a Educación Física na formación do alumnado no día a día.

 

PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOVA DA OPINION DE A CORUÑA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut