ACTIVIDADES DA 3ª SEMANA DE CORENTENA PARA 2ºA
30/3/2020
Hoxe propóñovos unha tarea de escritura creativa. Tedes que inventar e escribir unha pequena historia, pode ser en galego ou en castelán, mais tedes que seguir as seguintes instrucións:
Primeiramente lanzaredes un dado tres veces: a 1ª vez o número que saia vos dirá a personaxe protagonista, na 2ª tirada o número do dado decidirá o escenario, o lugar, e a 3ª tirada será para saber de que situación parte o protagonista. Se non tedes un dado na casa, facede clic aquí para utilizar un dado virtual.
Unha vez teñades os elementos da historia, toca escribir! Non vos esquezades de darlle un final.
31/3/2020
Hoxe déixovos un vídeo sobre a auga na natureza. No primeiro trimestre vimos os diferentes usos que lle podemos dar á auga: regar as plantas, beber, limpar, cociñar, facer deporte... Mais, onde podemos atopar agua no noso planeta?
1/4/2020
Hoxe quero recordarvos, por se non o vistedes, que na páxina principal da web do cole as mestras de Inglés, Música, Educación Física e Relixión deixáronvos actividades para facer durante a corentena.
Aquí tedes unha actividade relacionada con Educación Física, mais que tamén fixemos en Valores no 1º trimestre e que penso que vos vai gustar a tod@s un montón, xa que é moi divertida: IOGA!
2/4/2020
Como xa sabedes, os xoves toca Plástica, así que vos propoño unha manualidade que a máis de un sei que lle vai encantar: un futbolín caseiro! Sei que nestes días está difícil conseguir material de Plástica, mais penso que o podedes facer todo con material que teñades por casa e, se non, algunhas cousas hainas no supermercado (se na vosa familia aínda está por facer a compra semanal, poden buscarvos algúns materiais no súper).
O imprescindible é:
- Caixa de zapatos
- Cutter (pedide axuda aquí a un adulto para recortar)
- Pintura
- Pincel
- Pinzas da roupa
- Unha pelotiña
Aquí vos deixo o titorial desta muller, mais tamén podedes buscar en internet outros deseños de futbolíns caseiros para inspirarvos.
Por certo, se o facedes, mandádeme a fotografía. Estes días recibín as fotos das rás de papiroflexia de vari@s nen@s de clase e subinas ao blog de clase, e tamén recibín as historias inventadas con dados de moitos de vós!
3/4/2020
Último día antes das vacacións de Semana Santa... Hoxe vou deixarvos unha proposta para facer nesta semana de vacacións. No blogue de Toctina, a mascota da biblio do noso cole, tedes uns enlaces para poder ler un montón de libros gratuitos: https://bibliotecatoctina.blogspot.com/p/le.html
Vos propoño o seguinte: Tedes que ler, polo menos, un libro dos que hai nas webs desas editoriais e despois, nun folio, facer unha pequena ficha técnica do libro, escribindo a seguinte información sobre el:
- Título:
- Autor/a:
- Ilustrador/a:
- Personaxes:
- Breve resumo da historia:
- O que máis me gustou:
Tamén podedes engadir un debuxo dunha parte que vos gustara do libro, e se queredes facer máis dunha ficha técnica, podedes! Mandádema ao correo electrónico para botarlle unha ollada.
Sabede que, aínda que sexa período de vacacións, se precisades calquera cousa, podedes comunicarvos conmigo polo correo igualmente.