Skip to Content

Blogues

O CANCRO

Compartimos con vós a publicación da visita "EXPERTA" que,

dende a Asociación Española Contra o Cancro, fixeron na súa revista de xuño.

NAS VACACIÓNS...

Témolo claro!! As vacacións son tempo de descanso.

Tempo de lecer que tamén nos dá para aprender.

Ainda así pode que botedes de menos cousas da escola...

Aquí vos deixamos unha relación feita pola nosa 

orientadora.

Unha forma diferente de practicar.

Recordades?

"A vida é practicar,

practicar...

Para experimentar,

para asentar.

Descubrir e sentir

o xeito de emocionar!!!"

LECTURAS CON MAXIA E APRENDIZAXE

Recordades cando comezamos 3º?!!!

Inciamos con libros!!! 

Os libros son eses amigos

que nos acompañan,

e cos que vivimos

milleiros de aventuras.

Estes ademáis axudaranvos 

a aprender a resolver...

Conflictos!!

Temos unha amiga na biblioteca ÁGORA, que escoitándonos falar do que, ás veces, nos costa

arranxar conflictos, elaborou esta listaxe de lecturas para a súa resolución.

Invitámosvos a crear as vosas propias imaxes e elaborar o texto en galego!!!

Sería un bo agasallo para comezar o próximo curso e invitar a Reme,

así se chama á nosa amiga, para amosarlles todo o que fixemos

coa súa aportación.

De seguro que será unha tarefa divertida para as vacacións do verán!!!

Escollede o que máis vos guste e... Adiante!!

 

LECTURAS PARA RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS

HUMANIDADES 2016

 

 Carmen Amaya, Pablo Neruda, Camarón de la Isla, Federico García Lorca... e moitos máis acompañáronnos.

 

O 8 de xuño estaremos na praza espallando humanidades.

Temos que ter recopilada a información e coñecer ben ao noso humanista. Tamén podemos crear algo relacionado coa súa vida, buscar un libro, un artigo, unha imaxe...

 

HUMANIDADES 2016

 

DATA E LUGAR DE NACEMENTO E MORTE

A QUE SE ADICABA?

COUSAS IMPORTANTES QUE FIXO

SITUACIÓNS DESTACADAS QUE VIVIU

ESCRIBIR DÚAS FRASES CARACTARÍSTICAS DA SÚA OBRA

LOCALIZAR NO MAPA A RÚA OU PRAZA CO SEU NOME E INDICAR O BARRIO.

O SUPERMERCADO

Percebes.

Peixe azul e branco.

Carne bermella e branca.

Becada.

Azúcares.

Proceso de secado de froitos.

Productos lácteos.

Froitas tropicais.

 

 

O CASTRO DE ELVIÑA

O CASTRO DE ELVIÑA

Os castros soen estar no máis alto.

Os castros estaban protexidos por murallas.

Os arquéologos fan excavacións sacando terra, pedras e vexetación.

En toda Galicia hai entre 3000 e 5000 castros.

O castro de Elviña foi evolucionando cos romanos, e ata hai 1000 anos. As casas primeiro eran circulares. Logo rectangulares. Para cociñar utilizaban as lareiras.

Construiron un alxibe onde se acumulaba auga da choiva.

O castro de Elviña chamábase Brigantia. Nome celta. Ten unha croa que é como unha coroa: a forma circular na que está construido.

Apareceron unha xoias: cinto, colgante e diadema. Pódense ver no museo do Castelo de San Antón.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut