Skip to Content

Comedor escolar

Menú do 1º Trimestre

 

DESCARGA DO MENÚ DO 1º TRIMESTRE

Descarga Menu 

BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR CURSO 2024-25

A partir de hoxe 17 de abril de 2024, ábrese o prazo para solicitar as  bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

 

Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

 

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

-         

na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor-para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

-         

na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

-         

no teléfono 010 de información cidadán

 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 
 

Bolsas municipais de comedor curso 23-24 do Concello da Coruña

Hoxe 28 de xuño de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, unha rectificación das listaxes de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024. Pódense consultar en:

 

-         

Taboleiro de edictos  https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18006

 

A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

 

Amplíase o prazo para a presentación da documentación requirida ata o 12 de xullo, incluído, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

BECAS COMEDOR ESCOLAR - CONCELLO DE A CORUÑA

AVISO IMPORTANTE

 

Hoxe 13 de xuño de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023.  Pódense consultar en:

 

-         

Taboleiro de edictos  https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=15878

-         

Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/publicacion-del-listado-de-requerimientos-de-subsanacion-de-beca-comedor-convocatoria-2022-2023/suceso/1453803150365

 

A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro de entrada da solicitude inicial e ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

 

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 Atentamente,

 

Bolsa Comedor

 
 

COMEDOR ESCOLAR

Clicando na imaxe tendes acceso directo á páxina de JARDANAY, empresa que xestiona o comedor escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut