ACTIVIDADES 13ª SEMANA DE CORENTENA 2ºA
8/6/2020
Bo día, nen@s! Como estades? Xa estamos na 2ª semana de xuño... Xa falta pouco para que remate o curso! O tema de Sociais de hoxe é un moi interesante, e estou segura de que a máis de un lle tería gustado moito dalo na clase: A Historia!
Que tedes que facer?
1º) Ver o seguinte vídeo que fai un pequeno resumo das etapas da historia da Humanidade.
2º) Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro de Vicens Vives. Xa vos vai abrir no tema correspondente. Podedes pasar as páxinas dándolle ás frechas da esquerda e da dereita.
3º) Ler o tema con atención, ata a páxina 121. Non fai falla que fagades ningunha actividade. Só ler e intentar comprender o que no tema se explica.
4º) Escoller unha época da historia que vos guste (Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna, Idade Contemporánea...) ou unha civilización: o Antigo Exipto, Imperio Romano, Os maias... e facer un esquema con debuxos sobre ela. Tedes que contar resumidamente, en poucas palabras, as cousas máis importantes desa civilización ou época da historia: como se chama a época ou civilización, como vivía a xente, cando aconteceu...
Recoméndovos moito botarlle unha ollada a estas dúas listas de reprodución de Happy Learning e de Smile & Learn: teñen un montón de vídeos sobre Historia. Vede algún para informarvos.
- Vídeos de historia de Smile & Learn: https://www.youtube.com/playlist?list=PLBal9AttAE0vexa9oWJO_Zmciz6o_fnkf
- Vídeos de historia de Happy Learning: https://www.youtube.com/playlist?list=PL_Y3qbepMRoajNUpI7PqyGhtACju9Dxp5
Por certo, déixovos por aquí os resultados do reto da semana pasada das palabras con ZA, CE, CI, ZO e ZU. Teño que dicir que algúns me mandastes algunhas palabras con "ze" e "zi" e as contei, porque estaban ben escritas, eran desas poucas palabras que levan o z diante de e ou i. Mais lembrade que son excepcións! A maioría de palabras que teñen o sonido "ce" ou "ci" escríbense con C.
Como actividade extra hoxe propóñovos seguir practicando as táboas de multiplicar do 2, 3, 4 e 5, podedes practicalas con estes xogos que xa vos ensinei hai dúas semanas:
9/6/2020
Bo día! Hoxe continuamos con un tema de Sociais: os museos. Os museos son lugares onde podemos aprender un montón de moitos temas diferentes: arte, ciencia, historia... Na cidade de A Coruña temos os museos científicos coruñeses: a Casa das Ciencias, a Domus (que a visitamos este curso), o Aquarium Finisterrae ou o MUNCYT (que o visitamos o ano pasado). Ademais, temos museos como o de Belas Artes, por exemplo.
Que tedes que facer hoxe?
1º) Ler a páxina 124.
2º) Facer unha visita virtual a algún destes museos que hai en Madrid. Se facedes clic no nome do museo vos leva á páxina web principal, mais eu vos recomendo mirar os enlaces que vos deixo abaixo, que son os apartados da páxina web máis enfocados a nen@s e a visitas virtuais.
Este é de obras artísticas moi importantes, ten sobre todo pintura e escultura.
Se ides a esta enlace podedes ver un apartado de algunhas das súas obras de arte explicadas a nen@s: https://www.museodelprado.es/busqueda-multimedia?search=audiogu%C3%ADa%20infantil&gnoss:type=efrbrer:Video
Museo Arqueológico Nacional (MAN)
Este é para aprender de historia.
Aquí tedes a visita virtual do MAM para Primaria: https://manaulavirtual.es/
Museo Nacional de Ciencias Naturales
Con este aprenderedes moito dos seres vivos e da natureza en xeral.
Aquí podedes facer a visita virtual movéndoos polo museo: https://artsandculture.google.com/exhibit/yAISzR1n3bdnLw
E aquí xa vos leva a algúns dos seus elementos máis importantes:
https://artsandculture.google.com/exhibit/gwIS8EWZmdKZLw
3º) Elixir a obra do museo que visitastes que máis vos gustou e facer un debuxo dela e unha pequena descrición ao lado do debuxo: como se chama, que é, a súa data, quen o fixo (se é unha obra de arte, por exemplo), e en que museo se atopa. Mañá na videochamada das 17h podemos compartir impresións sobre os diferentes museos.
Como actividade extra, podedes facer as páxinas 44 e 45 do libro de Competencias Básicas.
10/6/2020
Bo día, nenas e nenos! Hoxe vos propoño unha actividade de Lingua Castelá. Que tedes que facer?
1º) Ler a seguinte noticia: https://www.laopinioncoruna.es/television/2020/05/25/nina-fuerte-mundo-cumple-75/1504627.html
En la noticia hay palabras que quizás os serán un poco complicadas.
Una de ellas es "homónimo", la noticia dice: "Pippi Calzaslargas recuerda el día en que fue publicado en Suecia el libro homónimo". Homónimo significa que tiene el mismo nombre, en este caso se refiere a que el título del libro es el nombre del personaje creado por la autora.
Otra es "anhelo", la noticia dice: "una visión menos autoritaria de la educación y un anhelo de libertad". Anhelo significa "deseo muy fuerte".
2º) Responder as seguintes preguntas:
A) ¿Cómo se llama el periódico en que fue publicada?
B) ¿En qué fecha se publicó la noticia?
C) ¿De qué se cumplen 75 años?
D) ¿Cómo se llama la autora de Pippi Calzaslargas?
F) ¿De qué país es la autora de Pippi?
G) ¿Para quién escribió la autora el libro?
H) ¿Cuántos años tenía la persona para quien lo escribió cuando le regaló el manuscrito?
I) ¿En qué año se publicó el primer libro de Pippi?
J) ¿En qué año se estrenó la serie de televisión?
Como actividade extra hoxe vos propoño facer este dictado para practicar las letras C y Z. Lembrade que hoxe nos vemos ás 17h en Cisco Webex!
11/6/2020
Bo día, rapazada! Hoxe unhas manualidades de Plástica relacionadas coa Historia. Elixide a que máis vos guste, ou podedes facer varias se queredes!
Prehistoria: Pinturas rupestres.
Buscade en internet imaxes de arte rupestre real, para saber que motivos pintaban as mulleres e homes prehistóricos. Para esta manualidade precisaredes... café!
Idade Antiga: Pirámide exipcia.
Podedes decorar a pirámide pintándoa por fora os ladrillos ou poñéndolle motivos exipcios como os xeroglíficos.
Idade Media: Coroa de rei.
A coroa representaba todo o poder que tiña o monarca na Idade Media... Aquí déixovos dous modelos de coroa mais se buscades en internet hai moitos outros modelos con diferentes materiais.
Idade Moderna: Carabela.
Unha carabela é un barco de vela con 3 mastros (os paus onde se colocan as velas) como as que levaron a Colón a descubrirlle o continente americano a Europa.
Nas imaxes tedes unhas ideas para construilas, mais teredes que facer modificacións. Para que sexan carabelas tedes que poñerlles 3 velas e para que se parezan as da Idade Moderna pintalas coas cores que de verdade tiñan: a cuberta marrón e as velas brancas. Ademais, as velas das carabelas de Colón tiñan unha cruz vermella no centro, buscade imaxes en internet.
Para a Idade Contemporánea podedes facer unha manualidade sobre calquera invento desta época: o ordenador, a televisión, os helicópteros, os teléfonos móbiles... vía libre!
Por último, como actividade extra propóñovos facer as páxinas 6 e 7 do caderno número 5 de Mates.
12/6/2020
Bo día, nenas e nenos! Hoxe xa é venres! Lembrade que nos vemos ás 12h con 2ºB en Cisco Webex.
Hoxe quero que lle botedes un ollo á táboa de multiplicar do 6. Déixovos unha canción e algunhas fichas para traballala. Lembrade que tedes moitos xogos que vos puxen o luns para practicar as táboas que queirades. Podedes marcarlle traballar unha ou varias, así os xogos só vos poñerán aquelas táboas que dominades ben.
Esta só se queredes imprimila e coloreala, xa que ten moito que ver co tema desta semana que vimos en Sociais. Tamén poderíades tentar coloreala no ordenador con un programa de debuxo dixital tipo Paint.
Como actividade extra vos propoño facer esta ficha para repasar as táboas que xa vimos: a do 2, 3, 4, 5 e 6.