Skip to Content

Blogues

ALTA E RENOVACION DA ANPA PARA CURSO 2022-23

Para acceder aos servizos que propón a Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as Avantar (comedor, madrugadores, servicio cambiador, actividades extraescolares e outras ofertas), hai que ser socio da ANPA.

 

 

Para a renovación ou para facerse socio da ANPA hai que cubrir o seguinte formulario e facer o ingreso da cuota anual por familia (15€/ano) no número de conta LA CAIXA ES10 2100 4913 7822 0014 4709 facendo constar no concepto poñer cuota 2022-23 e os apelidos e nomes dos nenos/as.

 

Para máis información:

 

TELEGRAM DA ANPA

2021. Uxía Lambona e a Banda Molona

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias tivemos a sorte de poder ver o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Foi un concerto xenial o no cal disfrutamos como nunca.

 

2021. Horto Escolar 2ºC

Esta primavera comezamos co traballo no hoto escolar dentro do proxecto de Voz Natura.

Comezamos sementando cebolo, leitugas, acelgas, xudías, ...

 

Traballos de Plástica 2º trimestre 2ºA 2019/20

TRABALLOS DE PLÁSTICA DO 1º TRIMESTRE

Aquí podedes ver algúns traballos de Plástica que fixemos no 2do trimestre con diferentes materiais (papel, cartulinas, pintura, rotuladores, pegamento, tesoiras...)... 

Debuxos sobre a obra de teatro: La niña azul.

LA NIÑA AZUL - ZAZURCA ARTES ESCÉNICAS

 

 Polo día de Rosalía, escribimos uns versos con letras de xornal:

 

E polo Entroido decoramos unhas máscaras tradicionais galegas:

 

 

Apadriñamento Lector 2º trimestre 2ºA 2019/20

APADRIÑAMENTO LECTOR 2º trimestre

Este curso as nenas e nenos de 2º comezaron a ser os padriños e madriñas lectores das nenas e nenos de 4º de Infantil. Así, cada trimestre faremos visita aos nos@s apadriñad@s.

Neste segundo trimestre xuntámonos aproveitando a celebración do Día de Rosalía e intercambiamos unhas postais moi chulas, ademais de, por suposto, compartir un momento precioso de lectura.

 

 

 

 

 

Exposición Vertebrados 2ºA 2019/20

PRESENTACIÓN DE LAPBOOK SOBRE UN VERTEBRADO

A finais do segundo trimestre o alumnado de 2ºA expuso os seus lapbooks sobre un animal vertebrado. Antes de facer as exposicións, ensaiaron en pequenos grupos e pasados uns días expuseron ante a clase enteira, seguindo un guion.

A verdade é que para ser a primeira exposición do curso o fixeron moi ben!!

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut