APADRIÑAMENTO LECTOR 2º trimestre
Este curso as nenas e nenos de 2º comezaron a ser os padriños e madriñas lectores das nenas e nenos de 4º de Infantil. Así, cada trimestre faremos visita aos nos@s apadriñad@s.
Neste segundo trimestre xuntámonos aproveitando a celebración do Día de Rosalía e intercambiamos unhas postais moi chulas, ademais de, por suposto, compartir un momento precioso de lectura.