Skip to Content

Actividades 2ª Semana Corentena 2ºA 2019/20

ACTIVIDADES DA 2ª SEMANA DE CORENTENA PARA 2ºA

23/3/2020

Hoxe déixovos unha recomendación: De 9 a 10h da mañá tedes no canal de televisión ClanTV unha programación educativa para nen@s de 6 a 8 anos, cada día toca unha asignatura. Algunhas son cousas que vimos na clase, e outras aínda non as vimos, así que non vos agobiedes se non entendedes algunha cousa.

 

Tamén vos recomendo mirar a páxina web de ClanTV, pois no seu apartado de EduClan tedes actividades de todas as áreas: Facendo clic nesta imaxe podedes acceder ás actividades.

 24/3/2020 

Hoxe tocan uns vídeos de repaso do que empezaramos a ver en Ciencias Sociais a última semana: os elementos do relevo de costa e do de interior. Nos vídeos aparecen algúns elementos que non vimos e outros que si, mais en castelán. Déixovos aquí a lista de elementos que vimos na clase, en galego:

RELEVO DE COSTA: cabo, golfo, cantil, praia, illa, arquipélago, península, río.

RELEVO DE INTERIOR: montaña, serra, cordilleira, chaira, val, río.  

 

 25/3/2020

Hoxe imos facer un repasiño das normas de ortografía do R que soa forte:

  • Un R a principio de palabra: Raquel, Ramón, residencia, rosa, río...
  • RR no medio de dúas vogais: carro, parrulo, marrón, torrada...
  • Un R detrás de L, N, S: Enrique, Israel... Tamén en castelán palabras como: alrededor, sonrisa...

 Deixovos unha canción para lembrar estas normas:

 

26/3/2020

Como os xoves toca Plástica, hoxe tedes unha manualidade de papiroflexia, en xaponés "origami". Trátase de dobrar o papel seguindo as instrucións para conseguir unha ra. Lembrades que tipo de vertebrado son as ras? Mamífero, peixe, ave, anfibio ou réptil?

Se non tedes un papel de cor, podedes pintar un que estea en branco, as ras poden ser de moitas cores (verdes, amarelas, marróns... e mesmo vermellas ou azuis!) buscade en Google ou nunha enciclopedia de animais e veredes que existen ras, sobre todo as de zonas tropicais, que son de cores moi chamativos. 

Non vos agobiedes, hai que facer paseniño esta manualidade se queremos que nos saia ben. Ademais, podemos facela con axuda dun familiar e mesmo parar o vídeo, darlle para atrás ou reducirlle a velocidade! 

 

27/3/2020

Hoxe tocan uns problemas de Matemáticas con Pippi como protagonista. Para resolvelos, lembrade copiar o enunciado e subliñar nel os datos importantes e rodear a pregunta. Despois, copiade os datos, facede a operación e escribide a resposta nunha oración completa.



blog | by Dr. Radut