Skip to Content

Tarefas para a CORENTENA 2ºA 2019/20

TAREFAS PARA O PERÍODO DE CORENTENA DO ALUMNADO DE 2ºA

Como xa tedes na páxina principal do centro, o alumnado de 2ºA ten as seguintes tarefas (click aquí para velas en pdf) para este período de corentena:

O primeiro é manter unha rutina (dentro das nosas posibilidades) establecendo un horario e espazo de traballo e programando uns obxectivos para traballar cada día.

As tarefas son as seguintes:

  • Rematar o caderno “Números y operaciones 4”, facendo cada día unha páxina, por exemplo.
  • Todos os días adicarlle, polo menos, 20 minutos á lectura.
  • Non perder o hábito da escritura, aplicando a maiúscula ao inicio de oracións e nos nomes propios e o punto final. O alumnado pode escribir cada día un pouquiño sobre o que lle apeteza: inventar e resolver un problema matemático, redactar unha receita, facer un ditado, escribir un resumo dun libro ou unha película, facer un cómic...

Ademais, subirei aquí recursos interesantes para o alumnado (vídeos, xogos, lecturas...),
ao longo do período de corentena. Por iso recomendo estar atentos a este apartado do noso blogue de aula. 

Tamén enviarei un correo electrónico a todas as familias das que teño a dirección para que podades acceder á plataforma Snappet dende o ordenador ou tablet da casa e facer actividades.

 Moitas grazas pola vosa colaboración e moito ánimo para todas e todos!

 Lucía Yáñez Santos.

FACENDO CLIC NOS ENLACES DE ABAIXO VEREDES OS RECURSOS E ACTIVIDADES ORGANIZADOS POR SEMANAS

14ª Semana de Corentena

13ª Semana de Corentena

12ª Semana de Corentena

11ª Semana de Corentena

10ª Semana de Corentena

 9ª Semana de Corentena

8ª Semana de Corentena

7ª Semana de Corentena

 6ª Semana de Corentena

5ª Semana de Corentena

4ª Semana de Corentena: Semana Santa, non lectiva

3ª Semana de Corentena

2ª Semana de Corentena

1ª Semana de Corentena

 

 

 



blog | by Dr. Radut