ACTIVIDADES DA 1ª SEMANA DA CORENTENA PARA 2ºA
17/3/2020
Aquí tedes uns xogos para repasar o tema dos seres vivos, os animais e as plantas. Facendo clic nas imaxes xa vos carga o xogo (dádelle a "Skip Ad" para saltar os anuncios).
18/3/2020
Hoxe déixovos un breve conto que explica en que consiste o COVID-19 ou Coronavirus para que poidades practicar con el a lectura e, se queredes, escribir un resumo sobre que é o Coronavirus e como podemos combatilo.
19/3/2020
Como hoxe é día festivo, simplemente déixovos unha canción da miña infancia que conta unha historia moi divertida dunha vacaloura e un grilo moi pesado, que daba consellos constantemente sen que ninguén llos pedira.
20/3/2020
Hoxe déixovos un conto que ten moito que ver co que traballamos sobre a reprodución dos vertebrados. Pode unha vaca, que é un mamífero, poñer ovos? Se non é ovípara, que é?