Actividades

Actividade cohesión TEI: Un mar de mans

A partir dun fragmento do poema de Pablo Neruda "Oda a tus manos" realizamos distintas actividades para reforzar e mellorar a cohesión entre titores/as e titorizados/as. Canto maior sexa a súa cohesión,  maior satisfacción e comunicación lograrán as parellas.

Coas nosas mans podemos expresarnos, tocar, acariciar, consolar, axudar... con todas elas construímos una mar de mans e un ceo de apertas.

É o mesmo conflito que acoso?

Desde o Departamento de Orientación realizouse unha charla informativa dirixida ás familias dos nenos e nenas de 6º curso de Primaria. O obxectivo da mesma foi axudar ás familias a distinguir os conflitos dos casos de acoso. Así deuse información e pautas de actuación ante estas situacións que poideran darse.

As relacións e experiencias que viven os nenos e as nenas na familia, no colexio, no barrio,… son imprescindibles para un bo desenvolvemento emocional e cognitivo.

Sen embargo, a convivencia e as relación humanas, implican conflitos e perturban estes ambientes seguros e cálidos.

Un dos conflitos, que esperta gran alarma social, é a violencia ou acoso escolar que se pode xenerar entre nenos e nenas nos colexios e institutos. O coñecemento e a sensibilización cada vez maior da opinión pública e dos medios de comunicación están propiciando o desenvolvemento dunha labor coordinada máis activa que implica ás administracións públicas, ás familias e aos docentes. Por iso, estase a levar a cabo un gran traballo non só na concienciación senón, tamén, na elaboración de programas de prevención e de resolución de conflitos.

Esta charla é continuación doutras iniciadas neste e no pasado curso, tanto dirixidas ás familias como ao alumnado:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/node/515

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/node/519

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/node/488

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/node/471


Programa TEI: Actividade de cohesión de 3º e 5º de Primaria

Hoxe realizamos no patio do Colexio unha actividade de cohesión entre os titorizados e os titores. Consistiu en participar nuns xogos populares sempre formando parella titorizado/titor para así coñecernos moito mellor. Foi unha xornada estupenda, os rapaces portáronse xenial, desfrutaron da compañía entre eles e só queda que para comprobalo miredes as fotos que transmiten vida,alegría e compañerismo. Clicade na imaxe para velo álbum.

Andrés, Cristina e Luisa. (Equipo TEI)

Clica na imaxe para ver as fotos da actividade.

Plan Director de Convivencia: Violencia de xénero.

Dentro do Plan Director de Convivencia os alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre violencia de xénero. Fernando, formador da Garda Civil, informou ao alumnado sobre este problema da nosa sociedade e deu pautas para previr e actuar ante a violencia de xénero. 

Clica sobre a imaxe para ver as fotos da actividade.

Día da Paz: Fitas pola Paz

O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Cada clase elaborou unha fita con mensaxes pola Paz. 

Na praza Irmáns Suárez Picallo do Paseo Marítimo de Sada fixemos unha danza coas fitas de todas as aulas envolvéndoas arredor dun pau. Tódolos nenos e nenas do Colexio en círculo cantamos e bailamos a canción "Celebra la vida". Mirade as fotos e veredes que acto máis bonito nos quedou. 

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

Actividades confraternización entre titores e titorizados TEI.

Unha vez que xa nos coñecemos realizamos dúas actividades todos xuntos na aula de 5º.

Unha pequena entrevista para coñecernos mellor ca nosa  foto da presentación e tamén o recortado e ensamblado das figuriñas que de xeito amistoso nos representan. Cada silueta leva o nome de cada un de nós. Con todo isto fixemos un fermoso mural que representa para todos  o inicio do Programa Tei...xa é definitivo...estamos en marcha.

Andrés, Cristina e Luisa. (Equipo TEI)

"Tolerancia: Saber respectar ás demais persoas na súa contorna, respectar a súa forma de pensar, de ver as cousas, de sentir e é tamén saber discernir de forma cordial no que uno non está de acordo."

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

Presentación Titores-Titorizados TEI

Despois de vivir esta semana experiencias moi especiais, chegou hoxe e foi a máis emotiva... Na clase de terceiro entrou Andrés e foron entrando un a un os titores para irse presentando ao seu titorizado... emoción...nervios...aplausos e... fotos que podedes ver neste álbum e que reflexan as sensacións e os sentimentos vividos.

Mentres os de 5º esperabamos fora,ía entrando cada titor , o profe Andrés facía a presentación , Cristina inmortalizaba a presentación e xa xuntos íamos cara a clase de 5º onde estaba Luisa. Pouco a pouco a clase de 3º baleirouse e,  a de 5º , pouco a pouco foi enchéndose. Unha vez todos xuntos fixemos dúas actividades de hermanamento,pero esa é outra historia...

Seguimos estando superorgullosos de todos vós polo ben que o fixedeches hoxe e temos a certeza de que o seguiredes facendo xenial.

Andrés, Luisa e Cristina. (Equipo TEI)

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

Programa TEI. Sesión formativa para o alumnado de 5º

Hoxe foi un día moi especial para o alumnado de 5º de Primaria.

Todos, sen dubidar,  presentáronse como voluntarios para ser titores do alumnado de 3º .Despois de facer unha sesión informativa  tiveron a sorpresa de que o Alcalde de Sada Benito Portela , a Concelleira Raquel Bolaño e o noso director Miguel Gayoso viñeran ata a Biblioteca a facer a entrega dos diplomas e dos carnets que  acreditan a vosa labor no TEI, ademáis de agradecer públicamente a vosa participación e implicación desinteresada.

Estamos moi orgullosos de todos vós.

Andrés, Luisa e Cristina. (Equipo TEI)

Clica na imaxe para ver as fotos.

TEI: Sesión informativa alumnado de 3º. Titorizados.

Andrés como coordinador do TEI, iniciou este martes, día 16 de Xaneiro, a labor de informar aos rapaces de 3º que será o alumnado titorizado. A partir dunha presentación deseñada para esta tarefa se traballaron, entre outras cousas, conceptos tan importantes como detectar os comportamentos violentos e a maneira de resolvelos... O TEI está en marcha...

Andrés, Luisa e Cristina. (Equipo TEI)

Clica na imaxe para ver as fotos.

Sesión informativa sobre o TEI para alumnos de 5º

Andrés como coordinador do TEI, iniciou este luns, día 15 de Xaneiro, a labor de informar aos rapaces do que ía consistir ser titores. Ao final, decidiron  de maneira totalmente voluntaria se querían adquirir ou non ese compromiso. Todos o aceptaron. A continuación firmaron un contrato. O TEI está en marcha...

Andrés, Luisa e Cristina. (Equipo TEI)

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

Distribuir contido