Actividades

Recollida solidaria de xoguetes e alimentos

Como ven sendo tradicional no noso colexio polo Nadal fixemos unha recollida solidaria de xoguetes e alimentos. Toda a comunidade educativa se volcou doando xoguetes e alimentos para persoas que nestas datas precisan da solidariedade de todos nós.

As entidades que recolleron os xoguetes e alimentos foron a Cruz Vermella e Cáritas de Sada. Os representantes destas asociacións pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron a esta recollida solidaria.

Concentración contra a violencia de xénero

Hoxe 20 de decembro fixemos unha concentración no patio do colexio en contra da violencia de xénero. Queremos denunciar calquera forma de violencia e mostrar o noso rexeitamento ao asasinato de Laura Luelmo.

Xoguetes para a igualdade

Xoguetes para a igualdade

Achégase unha época na que os nenos e nenas son os protagonistas nas nosas casas, e con  eles os xoguetes que tanta ilusión lles fan.
Os nosos amigos/as Os Bolechas queren darnos uns consellos para que eses xoguetes axuden a fomentar a igualdade entre todos nós.
Pinchade na imaxe para velos en grande.

    

Mujeres en la historia

TEI: Actividade de Cohesión

Continuamos mellorando o coñecemento entre as parellas de titores/as e titorizados/as. Esta vez mediante unha serie de retos que tiñan que superar, para o que era imprescindible o traballo en equipo e a cooperación entre todos e todas. o resultado foi unha gran xornada de convivencia. 

Para ver as fotos da actividade clica na imaxe.

 

Pecha a porta á violencia. Ti es a chave.

Celebramos o Día internacional contra violencia de xénero baixo o lema: "Pecha a porta á violencia. Ti es chave".

Para conmemorar esta data ambientamos o colexio para concienciarnos e concienciar deste grave problema que debemos erradicar da nosa sociedade. Todos nós somos a chave que debemos pechar a porta á violencia de xénero. Para rematar as actividades xuntámonos no patio e Lucas, de 6º de Primaria, leeunos un texto que escribiu contra a violencia e cantamos todos xuntos a canción "La puerta violeta".

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

 

Actividade de cohesión TEI

Hoxe realizamos a primeira actividade de cohesión entre os nenos/as de 3º e 5º para así coñecerse moito mellor. Foi unha xornada estupenda chea de entusiasmo, alegría e compañerismo. Un 10 para todos e todas.

Para ver as fotos da actividade clica na imaxe.

TEI: Presentación de titores e titorizados.

E por fin chegou o gran día! Hoxe realizamos a presentación dos titores/ as de 5º e os tutorizados/ as de 3º. Curiosidade, nervios e sobre todo moita ilusión foi o que puidemos vivir nesta xornada que marca o inicio do segundo ano de implantación do TEI na nosa escola. Coas actividades que realizamos hoxe comezamos a coñecernos e a crear un vínculo que esperamos sexa forte, duradeiro e contribúa a mellorar aínda máis a convivencia no noso colexio. Ánimo e felicidades a todos e todas!  
O equipo TEI
Clica na imaxe para ver as fotos da actividade

Entrega de carnés e diplomas TEI

Os nenos e nenas de 5º curso de Primaria remataron a súa formación como titores TEI. Como recoñecemento ao seu esforzo e interese recibiron o diploma e carné TEI. O acto de entrega tivo lugar no patio e ao mesmo asistiron o Alcalde de Sada, Benito Portela, e a Concelleira de Educación en funcións, María Pardo, que felicitaron e animaron aos novos titores. 

Os nenos e nenas de 6º, que foron titores o curso pasado, entregaron una carta a cada compañeiro de 5º con recomendacións e consellos para o reto ao que se enfrontarán.

 

Nesta escola...

Distribuir contido