Actividades

Actividade cohesión TEI: Camiño da amizade

Onte os nenos/as de 3º e 5º compartiron a última actividade de cohesión TEI deste curso. Realizaron unha saída ata a praia de Gandarío e alí,  lemos as cartas de despedida que cada neno/para escribiu ao seu titor ou  tutorizado. Seguro que a amizade que comenzou neste curso continuará nos vindeiros anos. Ata sempre... 

Illa Fantasía: Expedición ate os tres picos de dragón

Navega con rumbo

Internet ofrece un mundo de posibilidades pero debemos tomar algunhas precaucións para evitar os perigos que podemos atopar.

Adrián, membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, explicoulles aos nenos e nenas de 5º e 6º cursos de Educación Primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.

Contra a violencia de xénero: Non é non.

Fixemos unha concentración no patio do colexio contra caquera forma de violencia de xénero e a prol da igualdade. Os nenos e nenas de 5º leron o conto: "Nin un biquiño á forza". 

Actividade TEI: Mar Adiante

A partir dunha adaptación do conto de María Victoria Moreno "Mar Adiante", fixemos distintas actividades para comprender como as mentiras e as calumnias poden facer moito dano. A culminación foi a árbore do TEI.

Actividade cohesión TEI: Tangram

"Compartir tempo xuntos para coñecernos mellor, aprender xuntos e deste xeito tratarnos mellor". Este foi o resumo da actividade que os nenos/as fixeron da actividade TEI de cohesión que fixemos hoxe.

23 de abril, Día do Libro. Selección de lecturas sobre a amizade, a diversidade e a resolución de conflitos.

Selección de lecturas para Educación Infantil.

• Sobre a amizade:

- Cosas que me gustan “ Mis amigos", Ed.SM.

- "Yo voy conmigo", Thule ediciones.

-" Te quiero (casi siempre)”, Ed.Espasa.

- "Calma", Editorial Tramuntana.

- "Yo", Ediciones Lóguez.

• Sobre a diversidade:

- "Monstrúo Rosa ", Edita ATILA Ediciones.

- "El león que no sabía escribir ", Loguez Ediciones.

• Sobre a resolución de conflitos:

- "Enfadados”, Edicións La Fragatina.

- "Él empezó", Ediciones Sm.

- "Artur e Clementina", Ed.Kalandraka.

- "Mi princesito", Ediciones Bellaterra.

- “Nuna sabe leer la mente ", Birabiro Ed.

A aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabechas.

A  educación empeza cando o neno nace. A través dos hábitos e as primeiras normas imos fixando a aprendizaxe dos nenos, a repetición  é a base para fixar a aprendizaxe. O mal comportamento dos nosos fillos debe verse como un sinal para poder axudalos a superar unha dificultade que eles non foron quen de controlar. Cando apliquemos un castigo, o neno debe saber o  por qué; moitas veces  non admiten os seus erros, así que nos como adultos debemos explicarlles as cousas e axudarlles a comprender o seu erro.

É preciso organizar o  noso tempo para poder escoitar aos nosos fillos, tamén debemos involucrarnos nos seus xogos e actividades para poder detectar situacións que debamos corrixir.

Unha forma sinxela de fomentar a responsabilidade nos nosos nenos é asignándolles tarefas, acordes coa súa idade. Que aprendan que todo o que lles sucede ten que ver co que eles fan ou deixan de facer.

ANTE UNHA RABECHA...

O ideal é que os nosos pequenos coñezan os seus límites. A medida que os nenos medran as rabechas deben desaparecer e os responsables  de que isto suceda, somos nós mesmos . Non podemos ceder, aínda que nos custe e doa, cando o neno se decate de que con esa actitude perde, comprenderá que non gaña nada. Así axudámoslle a medrar, a madurar e formar a súa propia personalidade. Ante unha rabecha debemos:

 - Seguir co que estabamos a facer, nin reñir nin berrar.

 - Si estabamos falando e interrompe, continúa falando.

 - Non o mires, xa que así prolongas a rabecha.

 - Cando pare de chorar, invítao a xogar ou pasear como se non pasara nada.

 -Non ceder aínda que logre cansarnos.

 - Explícalle que estás canso dos seus berros.

 - Manterse no “non”, aínda que haxa visitas, estes canso ou fóra da casa.

* rabecha = rabieta

  Páxinas a ter en conta:

http://escueladepadresymadresupz.blogspot.com.es/p/materiales-descargables.html.

http://www.psicoaragon.es/wp-content/uploads/2013/07/SuperPadres_Guia-de-consejos-para-padres.pdf     

TEI: Entre todos e entre todas

Para mellorar o coñecemento, a confianza e a dinámica de relación entre os titores/as e titorizados/as tivemos que facer fronte a unha serie de desafíos nos que a cooperación e o traballo en equipo eran imprescindibles para poder superalos. O resultado foi unha gran xornada de convivencia. 

Clica na imaxe para ver as fotos da actividade.

Plan de convivencia en Educación Infantil

Platón : “La disposición emocional del alumno determina su capacidad de aprender”.

Debemos educar nos dereitos e deberes, no respeto e na tolerancia, na participación e na solidariedade.

Na escola temos que : saber, saber pensar, saber vivir e convivir. En resumo, saber ser persoa.

Asumir por parte de todos/as que a mellor medida para empezar a solucionar un problema é recoñecelo : “ ir contra o problema e non uns contra outros. “Por iso é importante coñecernos entre nós mesmos, para saber identificar  que nos pasa e poder actuar con “co-razón”,sen presas e pensando a mellor solución. Hai que escoitar ao neno, ver que pensa, como razoa e expresa o que observa. Si xestionamos ben as emocións, estaremos máis seguros de nos mesmos, teremos unha boa autoestima.

Materiais para as familias.

Distribuir contido