Animación á lectura

POEMAS MUSICADOS NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 - 02 - 2023).

  A comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro, quere compartir con vós diferentes versións do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".

  Esperamos que os disfrutedes tanto coma nós!!

 

 

 

 

FESTA DE ENTROIDO E QUEIMA DO MECO (17 - 02 - 2023).

  O último da semana tivemos no cole a nosa festa de Entroido. Grazas ao bo tempo puidemos empregar as novas instalacións deportivas como pista de xogo e baile.

  Puxemos os disfraces que máis nos gustaban e aproveitamos a zona de terra colindante para levar a cabo a tradicional "queima do Meco".

  O alumnado de 5º e 6º co deseño deste Meco, quixo levar a cabo unha crítica á realización do mundial de fútbol en Qatar, un país que (entre outras cousas) non recoñece os dereitos das mulleres nin das persoas pertencentes ao do colectivo LGTBIQ+


MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA (09 - 02 - 2023)

  Chegou ao noso cole unha nova "Maleta viaxeira" desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Teremos esta ampla variedade de libros de banda deseñada ata o remate deste mes para disfrutar dela na "Hora de ler".

 

DAN COMEZO OS RETOS DO GALIÑEIRO (03 - 02 - 2023)

  Dende a biblioteca escolar poñemos en marcha "Os retos do galiñeiro". Trátase dunha actividade para fomentar a observación, a investigación, a procura de información e o desenvolvemento do pensamento lóxico; empregando os recursos que a nosa biblioteca ofrece, pero tamén a solidaridade, a empatía e o respecto mutuo.

  De xeito periódico,  a nosa mascota, o morcego Plata, porá a disposición do alumnado diferentes retos adaptados ás diferentes idades do noso alumnado, tendo como fío condutor o noso galiñeiro. Proporá retos matemáticos, lingüísticos, de observación, de procura de información e emprego do pensamento científico que poderán resolver, de xeito voluntario, nos tempos de lecer.

  Inspirado na metodoloxía da plataforma on-line ClassDojo para estimular e motivar ao alumnado, a resolución dos diferentes retos comportará a consecución de "gali-puntos" que darán acceso a diferentes recompensas.

 

 

 

 

Recomendacións lectoras VERÁN 2022

"TOUPICIENCIA SHOW" NA BIBLIOTECA ESCOLAR. (3 - 6 - 2022).

Mañá de Ciencia na nosa biblioteca por xentileza do Consorcio Editorial Galego!

As nenas e os nenos de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiron hoxe ao espectáculo "Toupiciencia Show" na biblioteca escolar.

A toupiña científica xunto con Petronio, o seu axudante, achegaron a Ciencia aos nosos nenos e nenas dun xeito moi divertido.

Pasámolo de marabilla cos seus experimentos!

Moitas grazas por agasallarnos con esta actividade!

 

AS EXCURSIÓNS RELACIONADAS CO PROXECTO "A NOSA HORTA".

O 23 de novembro, levamos o millo da nosa colleita ao muíño. Recibiunos Luisa, atendeunos de marabilla e, mentres acababa de moer, fomos visitar o fermoso lugar de Ribas Pequenas.

E poucos días despois recibiunos Manolo no Mazo de Penacoba. Unha visita onde puidemos aprender a forma tradicional de traballar o ferro para poder ter as ferramentas necesarias nunha sociedade agrícola e gandeira como segue a ser a nosa.

ESTUPENDA SESIÓN DE CONTACONTOS E MÚSICA COA PROFE SARA E ÁLEX. (20 - 05 - 2022).

Seguindo coas actividades do "Mes da Letras", puidemos gozar dunha divertida sesión de contacontos a cargo da profe Sara e o seu compañeiro de contos Álex.

Contaron e cantaron diferentes contos que deixaron ao noso alumnado marabillado!

Moitas grazas por vir e compartir con nós esta estupenda experiencia!

Recitando poemas: A traxedia dos castiñeiros, de Florencio Delgado Gurriarán (Alumnado de 5º e 6º de Primaria).

Protección de datos

A traxedia dos castiñeiros, do poemario Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán (Editorial Nós, 1934) é o poema escollido polo alumnado de 5º e 6º para realizar este recitado, ao que lle poñen voz: Carlos, Luca, Alba, Mary, Javier, Diana, Santi, Hugo, Sara, Diego, Iago e Luis. O CEIP Rosalía de Castro en colaboración co Colectivo Lemos Le, leva a cabo esta actividade baixo a supervisión da coordinadora de biblioteca Noelia Maceda e coa colaboración da titora Sara Lebedinsky.  Edición e montaxe Equipo TIC CEIP Rosalía de Castro.

Distribuir contido