REUNIÓN COMITÉ AGROGANDEIRO

Coa chegada do bo tempo é necesario planificar o proceso de sementado dos cultivos do horto escolar.

 

 

Por dita razón, no tempo de lecer de despois do xantar, aquel alumnado que se ofreceu voluntario para participar en dita iniciativa reúnese periodicamente no xa coñecido por todxs como Comité agrogandeiro. Nesta sesión, estivéronse a decicir cales serán os cultivos a poñer no horto e a súa distribución.

 

Andrea, ao ser a maior do alumnado presente, fixo de secretaría e cubriu a acta correspondente aos acordos establecidos.

  

 

Así, quedou a distribución ideada dos cultivos.

 

Dende este organismo, queremos agradecer tamén a colaboración das familias que se prestaron voluntarias para poñer o noso horto ao día!

RECOLLIDA DE AMORODOS

Aproveitando que na área de Ciencias da Natureza de 1º e 2º de primaria estamos a coñecer o reino vexetal, baixamos a zona verde do noso patio a recoller os amorodos das nosas plantas.

 

  

 

O máis interesante foi observar unha planta de amorodo. Estivemos a repasar as súas partes (raíces, talo, follas, flores e froito).

 

Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo!

 

REPASO CONTIDOS CIENCIAS SOCIAIS CON KAHOOT

Na materia de Ciencias Sociais de 2º de primaria acabamos de rematar unha das unidades máis interesantes para nós: O Sistema Solar.

 

Para afianzar e interiorizar aínda mellor os contidos realizamos dúas actividades de avaliación e repaso final. A primeira delas, foi a creación da nosa propia maqueta do Sistema Solar.

 

E, por último, realizamos unha avaliación do aprendido a través da plataforma de aprendizaxe online Kahoot, que permite a creación por parte do profesorado de cuestionarios de opción múltiple sobre contidos vistos na aula. Encantounos repasar todo o aprendido con Kahoot, empregamos as tabletas e os ordenadores da biblio. Deste modo, tamén melloramos a nosa competencia dixital!

  

 

 

 

PLAN DIRECTOR

O martes tivemos no noso centro a Ramón, membro da Garda Civil, experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais. Viu a darlle unha charla aos alumnxs de 5º e 6º de primaria, a través do Plan Director. 

 

Nesta sesión abordáronse temas de actualidade moi axeitados á realidade do noso alumnado, centrándose na adicción aos videoxogos, entretemento que forma parte do día a día da maioría delxs. 

 

 

Falounos de moitos xogos online como por exemplo Clash Royale, Fornite... e de como as grandes empresas de desenvolvemento de videoxogos empregan as recompensas para crear adicción a este tipo de entretemento.

 

 

Por último, Ramón, tamén nos deu consellos de ciberseguridade nas aplicacións. Esperamos que esta sesión formativa sirva para concienciarnos dos riscos que conlevan este tipo de xogos.

 

MOITAS GRAZAS! FOI MOI INTERESANTE!

 

 

PROCESO DE INCUBACIÓN

Estamos fascinadxs co proceso de incubación que estamos levando a cabo no noso cole! Como xa sabedes, a incubación é o desenvolvemento embrionario dos poliños.

Non é un proceso tan doado como pensabamos, xa que necesita unhas condicións de temperatura e humidade bastante precisas.

 

Cada dous ou tres días unha aula é a encargada de visualizar mediante o "ovoscopio" como están os embrións. Se seguen a ter movemento, se están medrando...Todo o proceso vai quedando rexistrado no calendario/mural que elaboramos cando puxemos a incubadora en funcionamento.

  

 

 

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º de primaria o encargado de visualizar e rexistrar todo.

 

 

 

A VIAXE DE ROSALÍA

O pasado martes acudimos ao Centro Sociocultural do noso Concello a participar no espectáculo de monicreques titulado "A viaxe de Rosalía" da Compañía Larraitz Producións Artísticas.

Esta actividade foi organizada pola ANPA dentro das solicitadas á Deputación de Lugo.

  

 

Neste espectáculo relátase a historia de Francisca Do Campo, madriña de Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criar á escritora e quen compartiu parte das dúas vivencias. Por dita razón, compartiu con nós a traxectoria vital e artística da nosa querida Rosalía.

 

 

CELEBRAMOS O MAIO

Dende fai moitos os anos, xs galegxs celebran a chegada da primavera e o final do frío inverno cunha festividade coñecida como "Os Maios". Construen figuras con elementos naturais, tales como: musgo, fiúncho, xestas... para á obteción de boas colleitas.

 

 

Ao redor desas construcións cántase con acompañamento de percusión, normalmente con paus, coplas ou cancións irónicas e críticas sobre feitos ou personaxes de actualidade.

As construcións máis típicas son as de forma cónica ou piramidal, realizadas con armazóns de canas e recubertas con plantas, pero tamén existen figuras máis artísticas que representan monumentos ou actividades da vida cotiá.

  

 

Pois nós, non queriamos quedar sen celebrar esta festividade folclórica da nosa tradición e, por dito motivo, dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega planificouse dita actividade.

Comezamos ideando o diseño do noso Maio e preparando todo o material necesario para realizar unha estrutura firme e consistente.

  

  

 

 

Nas aulas traballamos esta tradición e practicamos a seguinte canción para cantar e bailar arredor do noso Maio, titulada Maio, Maíño do disco de 13 Lúas

Recuperada de: https://www.youtube.com/watch?v=8-lbk258ENk

 

Pouco a pouco fomos colocando todas as plantas que trouxemos ao cole. Había tantas que non nos fixo falta saír a buscar máis! Primerio fomos poñendo as xestas e fentos e, por último, colocamos as flores.

Quedou moi bonito!!!

 

Cando xa o rematamos, bailamos e cantamos arredor del para celebrar a chegada da primavera.

 


 

Queremos darvos as gracias a todas as familias que colaborastedes coa recollida de plantas e tamén, ao Obradoiro do Concello que nos trouxo moitas xestas para facer posible a construción!

 

 

SEMIFINAL ECOPREGUNTOIRO

Como xa sabedes, os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso estiveron a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.

 

 

 Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz

 

A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.

 

Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.

 

 Como xa vos informamos, a segunda victoria levounos á semifinal contra un CEIP ourensán o mércores 24 de abril. Aínda que o fixemos moi ben, non logramos pasar á final. Pero a recompensa de chegar ata aquí xa foi un premio!!

Premendo aquí podedes escoitar a participación do noso alumnado no programa radiofónico.

Este gran esforzo e implicación dos participantes, que lle dedicaron moitas horas extra a todos estes contidos, ademais de todo o traballo diario da aula fixo posible chegar tan lexos!

Deixámosvos a entrada no xornal La Voz de Galicia que se fixo eco dos seus logros:

 

 

 

NORABOA LUISA, DANIELA, DAVID E AURORA!!! ESTAMOS MOI ORGULLOSXS DE VÓS!!!

 

 

EARTH DAY

Na materia de Art o alumnado de 1º e 2º de primaria estivo facendo actividades sobre o Día da Terra (Earth Day) celebrado o día 22 de abril.

  

 

Realizaron a súa propia corona conmemorativa mentres aprendemos conceptos en inglés relacionados co coidado do noso planeta.

A continuación, realizaron un actividade de Color by code para repasar as cores e interiorizar conceptos.

  

 

Quedaron estupendas!!!

 

 

POSTA EN MARCHA DA NOSA INCUBADORA

O pasado martes, durante a hora de ler puxémos en marcha a nosa propia incubadora de ovos, proxecto enmarcado dentro das actividades do noso galiñeiro escolar.

 

 

Primeiro, explicamos todo o proceso de incubación e os pasos necesarios para poñer en funcionamento dito dispositivo.

  

 

Fixemos un calendario en formato mural onde iremos anotando as diferentes fases do proceso.

 

Iremos observando día a día a súa evolución mediante o "ovoscopio" que ten a incubadora.

  

 

Ademais, o alumnado de Educación Infantil estalle facendo sombra as nosas pitiñas coa axuda de xestas, entrelazándoas con moita precaución na tea metálica do mesmo. Deste xeito, terán refuxio á sombra cando chegue o bo tempo.

  

 

 

Distribuir contido