CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Enviado por admin o Mér, 29/11/2023 - 15:48O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, por dita razón a Residencia de Persoas con Discapacidade Física DomusVi situada no Concello de Bóveda organizou un concurso de carteis conmemorativos e un gymkana colaborativa co persoal residente.
A actividade comezou as 11.00 horas do día 5 de decembro. Acudimos ao centro moi ilusionadxs e desexando pasar un bo rato cos nosxs veciñxs!
Dividíronnos por grupos e cada un de nós e tivemos que ir superando unha probas para conseguir as pezas dun puzzle.
As pezas do puzzle conformaban a imaxen do debuxo gañador.
Debuxo realizado por Mª Aurora, 6º Primaria
Por outra banda, o alumnado de Educación Infantil estivo a deixar as súas pegadas nun mural de recordo nunha das paredes da residencia. Mirade que bonito lles quedou.
Entregáronnos un diploma de acreditación de participación no concurso e, un chaveiro realizado polxs residentes como agasallo pola nosa visita.
Moitas grazas a residencia DomusVi por organizar esta actividade de sensibilización e inclusión!!
25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Enviado por admin o Mar, 28/11/2023 - 16:1925N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Como centro educativo cremos que a mellor arma para loitar contra a violencia de xénero é unha educación cimentada na igualdade efectiva entre mulleres e homes. Por esta razón e para reivindicar a nosa loita contra esta problemática organizamos diferentes actividades educativas.
O venres día 24 acudiu ao centro a concelleira de Cultura e Ensinanza, Cristina Juíz, para explicarnos a campaña de sensibilización do Concello "Sementando igualdade". Entregounos a cada un de nós, un conto dos Bolechas titulado "En Bóveda somos iguais" e cunha ilustración do miradoiro do Alto do Coto. Ademais, tamén nos amosou a árbore da igualdade e deunos unha pegatina a cada un/unha de nós. Por último, pegamos na entrada do noso cole o símbolo de dita iniciativa. Quedou precioso! Moitas grazas por estes agasallos tan importantes e necesarios!
A nivel de centro, organizamos un contacontos realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para todxs durante a hora de ler do luns día 27. O conto elixido foi o titulado "As mulleres que cultivaban néboas" de Bea Gregores da Editorial Xerais.
Nel relátase a historia de supervivencia e esperanza dunha nena e a súa mamá, que tecía unha manta azul para protexelas dos actos violentos do seu papá.
Unha vez comentado o conto, entre todxs realizamos a nosa manta azul como símbolo de protección de todas as víctimas de violencia de xénero. Para tecela cada un/unha de nós tivo que escribir nun anaquiño de cartolina unha palabra, unha frase ou realizar un debuxo que denotara unha actitude contraria á violencia. Debido a gran importancia desta actividade, todo o persoal do centro participou na confección da nosa manta.
A verdade é que a actividade co lema "Tecendo fíos pola igualdade" demostrou a sensibilidade que o noso alumnado ten ante esta problemática. Escribiron palabras moi bonitas que confiamos que nun futuro sigan servindo como referencia dos seus actos.
Ademais, de todas estas tarefas. Como xa sabedes, a cada aula tócalle facer un decoración para "o taboleiro das conmemoracións" que está situado nas escaleiras do centro. Neste caso, foi o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria xs encargadxs de elaborar un mural reivindicativo que lles quedou así de bonito:
CONTACONTOS ESTRAFALARIA
Enviado por admin o Lun, 27/11/2023 - 21:41Dentro do programa "Rimando pola Igualdade" organizado pola ANPA do centro o venres día 24 de novembro ás 15.00 acudimos ao centro sociocultural a participar no contacontos Estrafalaria a cargo de Xarope Tulú.
Pasámolo moi ben mentres coñecemos a historia de varias mulleres, que fóron consideras como "estrafalarias" por seren diferentes. O contacontos basouse en tres libros principalmente:
O primeiro deles relata a historia de Alicia, unha nena que é moi curiosa e constantemente cae en sitios moi insospeitados polo seu afán de saber máis. A primeira semana na escola de vacas de Andy Cutbill conta a historia de Daisy nos seus primeiros días na escoliña nos que se atopa moi triste porque non é capaz de facer o mesmo que o resto de vacas (espantar moscas co rabo, non sabe pintar cos cascos...) e, no último Daniela soña con ser pirata dun barco, pero desgrazamente hai moitas persoas ao sue arredor que non están moi de acordo...
MOITAS GRAZAS POR ESTAS ACTIVIDADES!
LECTURAS COMPARTIDAS
Enviado por admin o Lun, 27/11/2023 - 21:18Os xoves, son sen dúbida, un dos nosos días favoritos da semana debido as lecturas compartidas. O alumnado de todo o centro mestúrase por parellas para realizar a hora de lectura de forma colaborativa.
As lecturas compartidas abren a porta a unha forma de ler entretida e despertan o interese polos libros dos pequenxs prelectorxs. Aos máis maiores axúdalles a mellorar a súa competencia lectora e o seu proceso de aprendizaxe. O traballo entre iguais é considerado un "tempo de calidade". Deste modo, aprendemos non só dos adultos senón tamén, dxs nosxs compañeirxs.
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
Enviado por admin o Lun, 27/11/2023 - 21:00O día 20 de novembro conmemórase o Día Universal dos Dereitos da Infancia porque foi neste día, en 1989, cando se firmou a Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas un tratado internacional das Nacións Unidas que recoñece os dereitos fundamentais das persoas menores de 18 anos.
Esta conmemoración foi traballada polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, que elaborou un cartel decorativo para "o taboleiro das conmemoracións" do noso corredor. Ademais, o alumnado de 3º e 5º, na materia de Proxecto Competencial, realizaou un decálogo sobre os dereitos básicos da infancia.
COMITÉ AGROGANDEIRO
Enviado por admin o Lun, 27/11/2023 - 20:45O pasado día 20 tivemos a segunda reunión do Comité Agrogandeiro do noso centro. Dito organismo, tenta ser un instrumento de organización e planificación de toda a xestión do horto e do galiñeiro escolar. O alumnado que, por vontade propia, quixo participar en dita organziación, reúnese mensualmente no tempo de lecer despois do comedor para levar a cabo todo este asunto.
Elxs mesmxs, guiadxs polo profesorado, son xs que propoñen ideas, plantexan necesidades... As alumnas de 6º son as encargadas de redactar as súas propias actas das reunións levadas a cabo!!
Entre os puntos do día podemos destacar as funcións da comisión, o establecemento de reunións periódicas, detección de necesidades (mercar comida para as pitas, limpar o horto...).
"Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo!" (Benjamin Franklin).
CHRISTMAS CRAFTS
Enviado por admin o Mér, 22/11/2023 - 15:49Na materia de Arts xa comezamos coas tarefas de Nadal, que o tempo cómpre!! E queremos decorar o cole para esta época do ano tan especial.
Moitas veces durante as sesión de dita materia, escoitamos música en inglés para mellorar a nosa pronunciación e afianzar palabras e pequenos conceptos. Tamén, colabora con nós nas nosas clases de Arts, Parveen a auxiliar de conversa, que acude ao centro os mércores e venres.
Estivemos a pintar unha galletiña de xenxibre, un Santa Claus coas pernas mooooi longas e as bolas que adornarán unha árbores moi especiais...
IT´S CHRISTMAS TIME!!!
XXVII CERTAMEN FERTIBERIA
Enviado por admin o Mér, 22/11/2023 - 11:45O alumnado do 1º e o 2º ciclo de Educación Primaria participou na XXVII convocatoria do Certamen Fertiberia de Pintura Rural Infantil.
Neste caso fixeron diferentes debuxos inspirados no mundo agrícola e relacionados coa natureza, as plantas, o seu crecemento e a súa función á hora de xerar alimentos. Dito concurso ten un gran éxito de participación dende a súa creación en 1996. Con esta iniciativa ponse en valor o ámbito rural animando ao alumnado a sentirse comprometido con seu entorno natural.
Mirade as súas obras de arte!! Desexámoslle moita sorte aos nosxs artistas!!
Debuxos realizados por 1º e 2º de Educación Primaria
Debuxos realizados por 3º e 4º de Educación Primaria.
NOVOS LOGOTIPOS DO NOSO COLE
Enviado por admin o Mar, 21/11/2023 - 16:13Estamos encantadxs de presentavos o novo logo do noso cole. Empregando o mural que ilustra a entrada ao centro, recortamos a cara de Rosalía de Castro e elaboramos este logo que xa forma parte da nosa páxina web.
Tamén, elaboramos o do comedor, o do horto, o galiñeiro e o da nosa biblioteca coa mascota da mesma, elaborada o curso pasado polo alumno Hugo Lagoa Sánchez, que foi a máis votada polo alumnado entre todas as que se presentaron. Foi denominada Morcego Plata e así de bonita queda no novo logotipo.
OBRADOIRO IGUALDADE
Enviado por admin o Ven, 17/11/2023 - 13:25Durante o mes de novembro e, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra á violencia de Xénero (25 de novembro) a ANPA organizou unha serie de obradoiros para traballar contidos relacionados coa coeducación dentro do programa "Rimando pola igualdade".
Rimando pola igualdade é un programa que intenta integrar a todos os axentes educativos implicados na comunidade educativa na loita pola erradicación das desigualdades e na sensibilización en materia de igualdade, como canle para a consecución dunha vida plena.
Entendemos que a educación en igualdade é fundamental á hora de previr futuras situacións de violencia e debe comezar desde os primeiros anos de escolarización.
Este proxecto está motivado pola vontade de implicar ao alumnado como axente de cambio. Para todo isto, propoñéronse 3 liñas de actuación: os obradoiros de sensibilización en materia de igualdade, a escola de familias e o encontro aberto de cultura comunitaria, o contacontos Estrafalaria, con Atenea García que terá lugar este venres 24 ás 15.00 no centro sociocultural e que estará aberto a toda a comunidade educativa.
As sesións tiveron lugar entre os días 2 e 17 deste mes. A primeira semana dita actividade estivo destinada ao alumnado de Educación Infantil e, nas sesións sucesivas, Blanca a educadora que levou a cabo dita tarefa, estivo a traballar con Educación Primaria organizando diferentes grupos de traballo.
En Educación Infantil traballou os contidos a través de dous contos: O Monstro Rosa e O teu corpo é teu. O primeiro deles, permite avrir un mundo de posibilidades daquilo que é diferentes, trballando na asunción da diferenza como algo positivo. A través de dinámicas musicais afondamos no coñecemento corporal, e presentamos o conto O teu corpo é teu, que permite comezar a traballar o coñecemento corporal, os límites e o consentimento dende idades temperás.
Con 1º e 2º ciclo de xeito lúdico e participativo, afondamos na cuestión dos esteriotipos e roles de xénero. A través de varios obxectos inspiradores, o alumnado en pequenos grupos tiveron que inventar personaxes e novos usos para os obxectos. Deste xeito, os resultados foron abraiantes, imaxinaron, por exemplo, a un policía cuns zocos rechamantes!!
Na segunda parte traballamos na cuestión da identidade e da expresión de xénero e coñecemos persoas de diferentes culturas (italiana, mexicana, india...).
O alumnado do 2º e 3º ciclo estivo a traballar co xogo Dixit, un xogo de cartas ilustradas co que traballaron a narración e a imaxinación. Debían expresar os sentimentos e inquedanzas que lle evocaban ditas cartas, para reflexionar sobre comportamentos sexistas. Traballaron a diferencia entre sexuación e sexualidade, centrándose nas relacións interpersoais.
Con esta actividade tamén contribuimos a traballar o seguinte ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »