blogue deadmin

RECOLLIDA VALES PENDENTES

Aquelas familias que non puideron recoller os vales para adquisición de libros de texto e material escolar, poderán facelo a partir do 4 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 no centro. 

INFORMACIÓN SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2023-2024

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA FACER USO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

Nos seguintes documentos adxuntos tedes toda a documentanción necesaria para facer a solicitude de uso do servizo. 

Podedes recoller os impresos no centro ou ben, descargalos directamente dende o presente anuncio. Ditos impresos, deberán entregarse no centro durante a primeira semana de setembro. 

Para facilitarvos o cáculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, na páxina web da Consellería incorporouse unha calculadora que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar. O acceso a dito recurso está dispoñible no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp 

 

 

 

 

Recomendacións lectoras Nadal 2022. Colectivo LemosLe.

 

 

ANTÓN LOPO: texto agasallo para o Colectivo LEMOS LE (Día da Biblioteca 2022)

Antón Lopo

 A primeira vez que entro en Xistral teño dez anos. Eu aínda leo a Enid Blyton, novelas de ciencia ficción de Clark Carrados e contos de fadas que me trae a miña curmá dos Xerifas, ademais de incursións ailladas na literatura para adultos, basicamente Anna Karenina de Tolstoy e Que o ceo a xulgue de Ben Ames Williams. Vou á Xistral porque o meu amigo Jorge Vila me di que abriron unha librería "fantástica e modernísima" nas galerías Fontecha e ningún dos dous queremos perdermos a experiencia.

 

 

       Nada máis chantarnos diante do escaparate da Xistral, quedamos fascinados. Era un espazo branco, como unha nave espacial do 2001 de Kubrick [acababámola de ver no cine]. Pero en vez de computadoras, había libros [nunca viramos tantos xuntos]. A partir dese día [desa visita ao espazo interestelar], non hai tarde que non pasemos por Xistral, sexa para mercar un lápiz ou escoitar falar a Saleta Goy e Manuel María de temas que se nos antollaban arraianos coa ilegalidade [de puro cósmicos]. A luz de Manuel acrecéntase cando me entero de que é o autor de Os soños na gaiola, o libro que me descubrira no galego o don da escrita [un cargueiro espacial flotando no universo]. Porque ao entrar en Xistral todos sentimos que podiamos ser astronautas.

 

Antón Lopo

 

Outubro 2022

 

 

 

Publicado orixinalmente na bitácorla do Colectivo LEMOS LE

Plan Dixital do CEIP Rosalía de Castro

Plan Dixital do CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda V 1.0.

Distribuir contido