Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha excursión a Aldea Nova (Sedes). É unha granxa moi bonita con moitos espazos verdes. Alí montamos nun cabaliño, fixemos pan, vimos a horta, plantamos sementes e tamén visitamos os animais: un burro, ovellas, cabras, cabalos, galiñas, porcos, vacas e coelliños.
Pasámolo xenial!
Ver fotos no álbum "Aldea Nova_maio18" (categoría "Ed. Infantil 17-18")