Skip to Content

EI Curso 2021-22

TEATRO NO AUDITORIO: A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

O martes 26 de abril, fomos ver unha obra de teatro moi, pero que moi divertida: "A nena e o grilo máis aló" (montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos). Fomos desde  os máis pequenos ata os máis grandes.

Nesta actuación os actores baixaron a animar ao público e tamén nos facían participar nas cancións.

Á maioría de nós gustounos moitísimo e despois volvemos andando ata o colexio,  observando o que iamos vendo polo camiño, aprendendo así moitas cousas máis.

Para rematar, a actriz e os actores decidiron facer o seguinte "selfie" con todo o público e que posteriormente foi publicado no facebook.

 JGR, 6ºB

EXPOSICIÓN "NUESTRO PLANETA" (AFUNDACIÓN)

O martes, 18 de xaneiro, o alumnado de EI e 2º EP visitou a exposición "Nuestro planeta" de Afundación. 

Foi unha visita guiada e incluiu a narración dun conto.

O obxectivo desa exposición era amosar a beleza natural do planeta Terra e incidir na importancia do coidado do medio ambiente. 

Había fotografías, elementos interactivos e a curtametraxe "Lemon".

Despois da visita aproveitamos o bo día que facía para "merendar" e xogar no parque no Cantón.

SAÍDA DE OUTONO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de Educación Infantil saíron polo barrio para observar as cores das árbores de outono e recoller follas secas. Aproveitaron despois para facer xogos na aula e traballiños manuais coas follas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut