Skip to Content

Curso 2012-13

Visita de Antón Cortizas

 

Zongalo Quririco publicou as imaxes desta visita no blogue da biblioteca ao que se pode acceder desde aquí ou desde a seguinte foto.

Saída Educación Infantil - Teatro de marionetas

O venres 3 de maio os nenos e nenas de Educación Infantil coñeceron a Icía e Salterio que, sen querer, estragaron a caixa de música de Calderón (un vello músico que toca na praza) e tamén a Anacruso e Arpexio.

Un espectáculo protagonizado por marionetas e acompañado por música en directo que tivo lugar no auditorio do centro sociocultural de novacaixagalicia do Cantón.

E foi unha saída moi especial para o alumnado de 3 anos, pois segundo comentaron algúns: IMOS DE EXCURSIÓN ... E ... IMOS CAMIÑANDO!


O Diario de Recimil

Os nenos e nenas de 5 anos publican o seu periódico: O Diario de Recimil.

Atoparedes noticias do Entroido, de teatro, excursións, deportes... E tamén hai pasatempos!

Botállede unha ollada e comprobarédelo!

Os bombeiros visitaron o cole

O 6 de marzo a porta de 4 anos A negouse a abrir e non quedou máis remedio que chamar aos bombeiros. E como o conseguiron? Pois entrando desde o exterior do centro por unha das ventás da aula.

O alumnado de 4 anos foi testemuña de todo este proceso e, unha vez aberta a porta, viron o camión dos bombeiros e escoitaron a súa sirena.

Premendo na seguinte imaxe pódense ver as fotos.

Visita ao "Diario de Ferrol" _ 5 anos

Visita a Correos _ Alumnado 5 anos

Premer nesta foto para ver todas as imaxes:

Venres 15 de febreiro de 2013

Visita Exponav e Museo Naval - 2º ciclo / 5ºEI

5º EI: martes, 20 novembro

Visita ao Museo da Natureza (EI 5º)

Un mar de coñecementos sobre criaturas mariñas foi o que atoparon os nenos e nenas de 5º de EI na súa visita do mércores 7 de novembro ao Museo da Natureza.

Premendo na imaxe pódense ver máis fotos.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut