Skip to Content

EI Curso 2018-19

OBRADOIRO NA AULA DE ECOLOXÍA URBANA - 5º EI

O 30 de maio visitamos a Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, acompañados/as por algunhas familias.

Comprobamos a forza que ten o vento.

No seguinte vídeo podedes ver que o pasamos moi ben.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 

Canto nos gustan os contos aos nenos e nenas de 5º EI! E con contos, conmemoramos este día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril).

PARQUE EDUCACIÓN VIARIA E MUSEO DO HUMOR (FENE)

O mércores 27 de marzo os nenos/as de 6º e 5º de EI viaxaron a Fene onde visitaron o Parque de Educación Viaria e o Museo do Humor.

 

O mércores anterior (20 de marzo) xa fixeran tamén esta visita os alumnos/as de 5º EP.

5º EI: AS NOSAS "MULLERES CON HISTORIA" FAVORITAS

Ao alumnado de 5º EI gustoulles moito a exposición "MULLERES QUE FIXERON HISTORIA" que tivemos no centro na semana do 8 ao 15 de marzo. Sacaron fotos coas catro que máis lles gustaron:

Ángela Ruiz Robles (mestra, escritora e inventora. Foi directora do noso colexio).

Jane Goodall (primatóloga, experta en chimpancés).

Malala Yousafzai (Premio Nobel da Paz en 2014).

Vladímirovna Tereshkova (a primeira muller que viaxou ao espazo).

ROBÓTICA: PRIMEIROS PASOS (6ºEI)

Obradoiro espontáneo de robótica co alumnado de 6º EI.

Visita á Aula de Ecoloxía Urbana.

O grupo de catro anos participamos nunha sesión na aula de Ecoloxía Urbana. Apredemos moitas cousas sobre os animáis e fixemos uns traballos preciosos.

VISITA AO SUPERMERCADO "GADIS" (5º EI)

A clase de 4 anos fomos a Gadis para aprender sobre alimentación saudable. Agasalláronnos cunha bolsa que contiña un almorzo san, e cando chegamos á escola ... papámolo!

VISITA ALCAMPO (5º EI)

O día 21 de novembro o grupo de 4 anos fomos de visita a Alcampo.

Vimos como se facía o pan, probámolo, visitamos o almacén e almorzamos na cafetería uns churros boísimos.

AULA DE ECOLOXÍA URBANA - 6º EI

 

"A auga sube" é o título do obradoiro no que participou o alumnado de 6º EI na AEU (Aula de Ecoloxía Urbana) para aprender como utilizan a auga as plantas.

 

 

 

 

TEATRO EDUCACIÓN INFANTIL

O pasado venres, 19 de outubro, os grupos de 5º e 6º de Educación Infantil acudiron ao centro cultural Torrente Ballester a presenciar a estrea da obra "Timi contra o vento". A obra forma parte do programa FESTEA organizado polo Concello de Ferrol.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut