Os alumnos/as de 4 anos fixemos unha saída ao supermercado Alcampo como parte do proxecto de aula "Os alimentos".
Visitamos as diferentes seccións do supermercado aprendendo o nome dos alimentos, algúns que nunca viramos como a carambola, unha froita con forma de estrela.
Puxéronnos gorros e máscaras para entrar nas enormes cámaras frigoríficas da carnicería, alí vimos como envasan e etiquetan as bandexas de carne. Tamén entramos á panadaría e vimos a máquina amasadora e os grandes fornos onde cocen o pan. Invitáronnos a comer pan quentiño e chocolate. Que rico!
Cheos de agasallos, voltamos ao cole moi contentos.
Pódense ver fotos na galería, no álbum Alcampo 5EI ou premendo na imaxe anterior.