Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

MATHS CHAMPIONS 6º B EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> MATHS CHAMPIONS 6ºB EI

Hoxe, venres 1 de marzo, unha representación do alumnado de 5 anos de infantil participou nun concurso de matemáticas no colexio Montespiño.

Recibíronnos xenial, traballamos en equipo como auténticos campións matemáticos, xantamos no seu comedor e pasámolo xenial!

Animamos ao alumnado que estea o vindeiro curso en 6º de infantil a que participen porque é unha experiencia xenial!!!

O VOLUNTARIADO DE VOZ NATURA E AS PIPOCAS

Álbum: 1_Educación Primaria 2023-2024 -> FACENDO PIPOCAS - PRIMARIA

Aquí están os voluntarios e voluntarias de Voz Natura disfrutando das pipocas que cultivamos na nosa horta. Bueno, recurrimos a axuda porque as que plantamos e recollemos eran poucas.

Boísimas!!

6º B EI NO ÁGORA

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> 6ºB EI NO ÁGORA

Hoxe fomos ao Ágora para axudarlles ás bibliotecarias a buscar a solución a un problema que tiñan na biblioteca.

Pedírannos axuda porque había libros que tiñan unhas mordidas pequeniñas e non sabían o que pasaba.

Puxémonos a investigar e chegamos á conclusión de que tiñan que ser uns bechos moi pequeniños que viviran alí (formigas? arañas? vermes? polillas?). Para rematar esta investigación necesitabamos libros, os de "SABER E COÑECER" e que trataran de animais (os dos pictogramas verdes). Alí había moitos! E atopamos a solución: eran os "piollos dos libros" que teñen de nome científico psocópteros. Vaia nome máis raro!!!

Trouxemos para o cole, nunha maleta, libros para seguir mirándoos. Para iso precisamos o CARNET DA BIBLIOTECA que tiña a mestra.

Se queremos disfrutar deste servicio temos que ir alí e solicitalo así, poderemos levar contos, todo tipo de libros, revistas, películas....para miralos na casa e devolvelos no prazo que nos indiquen.

Sería xenial!!!

OS ALUMNOS DE DE 2º C FOMOS DE CONCERTO

Álbum: 1_Educación Primaria 2023-2024 -> Saída ao Pazo da Opera

O pasado día 21 de Febreiro, os alumnos e alumnas de  2ºC fomos de concerto a ver a obra "La máquina del tiempo" ao Pazo da Ópera.  

¡ Pasámolo Xenial!

Distribuir contido


by Dr. Radut