Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

GOZANDO CO ENTROIDO EN 4°A DE INFANTIL!

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Entroido de mandados e de doces!

Esta semana foi moi completa! Cumprimos cos mandados de Raqueliña, probamos orellas e rosquillas  e tamén desfrutamos dun delicioso chocolate con churros! Que ben o pasamos!

SEMANA DO ENTROIDO EN 5º B DE INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Entroido en 5ºB de Infantil

Qué viva o Entroido!!!

Aquí vos deixamos algunha mostra da nosa semana do Entroido que foi do más divertida:

- Seguimos as ordes do meco Raqueliña.

- Fixemos unha chocolatada con churros

- Tivemos propostas de Entroido na aula como pintarnos a cara, disfrazarnos, etc

- Día do cine no Raquel Camacho: chegaron os Minions!!!

Agora toca descansar e gozar destas datas tan divertidas!

MANDADIÑOS DO MECO E CHOCOLATADA EN 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> MANDADIÑOS DO MECO E CHOCOLATADA EN 6ºB EI

Esta semana o noso Meco do Entroido, Raqueliña, púxonos uns mandadiños para ir quentando motores de cara ao día grande do desfile deste venres. 

Para coller folgos merendamos chocolate con churros e, mañá, agardamos que disfrutedes co noso desfile.

FELIZ ENTROIDO A TODO O MUNDO!!!! 

REMATAMOS MUS-E POR ESTE CURSO EN 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> MUS-E 2023 6ºB EI

Hoxe puxemos fin á nosa primeira experiencia MUS-E. Fixémolo con Ruth que foi a nosa coreógrafa e coa que aprendemos a expresarnos co noso corpo. Foi moi divertido. Moitísimas grazas, Ruth!!

Como colofón, convidamos aos nosos pais e nais para que compartiran esta experiencia con nós. Fíxonos moitísima ilusión ter a papá e mamá na biblioteca do cole. Moitísimas grazas, familias!!!! Estas experiencias non se esquecen nunca.

Distribuir contido


by Dr. Radut