Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

INVERNO E PINGÜINS EN 5º B DE INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Inverno e Pingüíns en 5ºB de Infantil

Dende o comezo do segundo trimestre, na nosa aula estamos traballando todo tipo de contidos coa temática do inverno como eixo principal, pero tamén estamos a investigar moito sobre os PINGÜÍNS: como son, onde viven, cantas especies hai....

Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra dalgunhas das cousas que fixemos no cole....

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL PLANTA CEBOLAS

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> PLANTANDO CEBOLAS 6º A-B EI

O pasado venres, o alumnado de 6º de infantil fixo unha plantación de cebolas. Agora toca coidalas e agardar a que medren e poder facer unha ensalada ou calquera outra receita saudable.

O GRAN CAMIÑO NO RAQUEL CAMACHO

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Volta ciclista

Hoxe como sabedes hoxe veñen os ciclistas a percorrer as rúas da cidade, pero no noso cole tamén facemos volta ciclista.

A estes rapaces aínda lle queda un "gran camiño" por percorrer pero ahí estamos!

 

FACENDO ROSQUILLAS EN 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> FACENDO ROSQUILLAS EN 6ºB EI

Como a semana pasada estivemos moi liados con outras cousas do Entroido, deixamos as nosas rosquillas para hoxe. Recopilamos as receitas que nos enviaron mamis, papis, avoas... e con elas fixemos a nosa receita:

ovos, fariña, leite, aceite, lévedo, azucre e limón. Amasamos todo, facemos os boliños con buratiño e .... aí están as rosquillas. Moi boas, por certo!! E con case nada de azucre. Sanas, sanas!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut