Skip to Content

6º B EI NO ÁGORA

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> 6ºB EI NO ÁGORA

Hoxe fomos ao Ágora para axudarlles ás bibliotecarias a buscar a solución a un problema que tiñan na biblioteca.

Pedírannos axuda porque había libros que tiñan unhas mordidas pequeniñas e non sabían o que pasaba.

Puxémonos a investigar e chegamos á conclusión de que tiñan que ser uns bechos moi pequeniños que viviran alí (formigas? arañas? vermes? polillas?). Para rematar esta investigación necesitabamos libros, os de "SABER E COÑECER" e que trataran de animais (os dos pictogramas verdes). Alí había moitos! E atopamos a solución: eran os "piollos dos libros" que teñen de nome científico psocópteros. Vaia nome máis raro!!!

Trouxemos para o cole, nunha maleta, libros para seguir mirándoos. Para iso precisamos o CARNET DA BIBLIOTECA que tiña a mestra.

Se queremos disfrutar deste servicio temos que ir alí e solicitalo así, poderemos levar contos, todo tipo de libros, revistas, películas....para miralos na casa e devolvelos no prazo que nos indiquen.

Sería xenial!!!



album | by Dr. Radut