Skip to Content

Prom. 2018

MERENDA TERRORÍFICA NA AULA DE 5ºB E.I.

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> MERENDA SAMAÍN 5ºB E.I.

Este venres celebramos o Samaín e, para pasar polo Samaín Rebuldeiro do ximnasio, preparamos unha merenda terrorífica para ir collendo forzas. Grazas á profe Cris e á visita da nosa querida Nerea, son xeniais!!!

GOMINOLAS DE MEDO EN 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> GOMINOLAS DE MEDO 5ºB EI

O vindeiro venres imos preparar unha merenda terrorífica e despois participar no Samaín Rebuldeiro que se celebra no ximnasio. Para esa merenda xa fomos cociñando unha gominolas de medo. Mañá veremos o resultado e o venres meterémoslle o dente!

CONCURSO DE CABAZAS EN 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> CONCURSO DE CABAZAS 5º EI

Este luns participamos no Concurso de Cabazas "SAMAÍN 2022". Foron 4 participantes cuns traballos orixinais e unha máis que presentamos por toda a clase. Mirade que pasada de traballos!

SOMOS AS PANTASMAS DE 5º B DE INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> SOMOS AS PANTASMAS DE 5ºB DE INFANTIL

Preparando o Samaín, convertémonos en pantasmas, fixemos bruxas, morcegos, gatos negros, monstros, ... TERRORÍFICO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut