Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> CHEGOU O OUTONO Á AULA DE 4 ANOS B
Coa chegada do outono, preparamos o noso recuncho na clase. Primeiro recibimos a 2 amigas especiais e puxémoslles nome: Noa e Saris. Son dúas espigas de millo que convertimos en bonecas. Foi sinxelo, con pintar unha cara estaba listo porque o pelo xa o traían elas.
Despois fomos coller follas de outono para decorarlles o seu recuncho e, de paso, observamos unha froita moi outonal que medra no noso cole: as uvas. Tamén lle engadimos castañas, noces, mazás, mandarinas e un limón.
Xa vos contaremos as experiencias que faremos con todo isto.