Skip to Content

Prom. 2018

FACENDO EXPERIMENTOS NA AULA DE 5ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> MES DA CIENCIA 5ºB EI

O mes de novembro é o mes da ciencia e quixemos unirnos aos científicos e fixemos un experimento: fixemos que ardera un papel pero sen queimarse. Podédelo crer?

Pois é certo. Vede as imaxes e a ver se descubrides cal é o secreto.

Por se se vos resiste, ímosvos desvelar o secreto: mesturamos auga con alcohol, a auga protexe ao papel para que non se queime e, o alcohol é o que arde. A que mola!!

O OUTONO COS SENTIDOS 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> SENTINDO O OUTONO EN 5ºB EI

Despois das 2 grandes festas do outono: Samaín e Magosto, os peques de 4 anos B seguimos disfrutando de todo o que nos ofrece esta estación a través dos nosos sentidos.

O inicio desta experiencia está naquela mesa da que vos falaramos hai algún tempo, cando vos presentaramos a NOA e a SARI, dúas amigas moi outonais.

Sentimos o outono frío, quente, liso, suave, rugoso, áspero, duro, brando...; uliunos a limón e a mandarina;  soounos o cruxir das follas e o choquelear das noces; vimos cores, formas e tamaños e sóubonos doce como a mazá, a pera, as uvas e o caqui; ácido como o limón, un pouco amargo como as noces, con moito zume como a mandarina e os grans da granada e, tamén, sen nada de zume coma as noces.

Xa vedes cantas cousas! Agora quédanos unha para os vindeiros días e que está relacionada coas nosas espigas. Xa vos contaremos!

O MAGOSTO COS PEQUES DE 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> MAGOSTO 2022

O venres 11 de novembro celebramos a festa do outono: O Magosto. Preparamos un colgante de castaña, fixemos un xogo cunha lata e unha castaña, trouxemos castañas para asar e despois degustalas (que boas estaban!!). Miramos como se asaban as castañas, participamos en xogos : baile da castaña, esquivar a castaña, paseoa da castaña e faltounos o de planta e apaña e o do comecastañas, non demos máis!!

 Felicitamos a Liah polo seu premio á Cabaza máis orixinal do concurso de cabazas do Samaín. E, toda a clase, tivemos un premio polo relato que presentamos ao concurso  de relatos "Dáme medo". Grazas á profe Cris polo seu traballo.

ANIVERSARIO ELLA-GONZALO 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> ANIVERSARIO ELLA-GONZALO 5ºB EI

Unha festa máis. Celebramos o aniversario de Ella e Gonzalo. Moitos parabéns, compis!!

Distribuir contido


by Dr. Radut