Skip to Content

Prom. 2017

O PRIMEIRO SAMAÍN NO COLE

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Samaín 3 anos

Samarín...Samalín...Festa das caazas...

Aínda non nos quedou moi claro como se chama esta festa Chora

O que si sabemos e que nos encanta!

Aproveitamos para traballar un montón: A cor laranxa, froitos de outono sorprendentes coma o caqui e as cabazas, personaxes de medo, as emocións, etc.

E por suposto tamén limos moitos contos: Fuera de aquí horrible monstruo verde, Corre corre cabaciña, o monstro rosa, o monstro sorpresa, etc.

Feliz SAMAÍN a todos/as.

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> O noso primeiro Samaín!

Hoxe foi un día moi especial, puidemos celebrar o Samaín na nosa clase! Vestímonos cun disfraces de moito medo e preparamos unha merenda terrorificamente divertida.

Primeiro lavamos moi ben as mans e despois transformamos un biscoito en pantasma, cabaza ou gato, para decoralo finalmente con pepitas de chocolate! Pero a cousa non termina aí, tamén fixemos pantasmas con plátanos e degustamos caquis! 

Despois de tanto traballo, chegou a mellor parte...merendar todo! Aquí tedes unha mostra do ben que pasamos! Canso

O OUTONO XA ESTÁ AQUÍ!

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Xa chegou o outono!

Pois xa chegou o outono á nosa clase, e como vedes, estamos descubrindo un montón de cousas sobre el. Clasificamos as follas por cores e tamaños, fixemos a nosa propia árbore coas cores propias desta estación, repasamos a palabra outono empregando bastonciños...ollade que ben o pasamos! Sorriso

 

QUE PASOU!

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Que pasou! (3 anos)

Sabedes que pasou esta semana?

O porqué desas manchas sospeitosas no mandilón?

Pois arte!

Só arte.

Escoitamos a Vivaldi e pintamos ao ritmo da súa música de outono. Unha bonita experiencia, pero non sempre a máis limpa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut