Skip to Content

Prom. 2017

ANIVERSARIO DE KHADIJA E ALIOU!

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Aniversario de Khadija e Aliou

O tempo pasa moi rápido, tanto, que xa son varios amigos/as os que comezan a cumprir 4 anos! Moitos parabéns Khadija e Aliou!

CELEBRAMOS O ENTROIDO!

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> O noso primeiro Entroido!

Esta semana deu moito de si na clase de 3 anos. Cumprimos cos mandados do Meco, fixemos caretas na clase, puidemos saborear algúns dos doces típicos do Entroido como as orellas ou as rosquillas.

E para finalizar esta gran semana, disfrazámonos do que máis nos gustaba, bailamos moito, e claro, entrounos a fame. Menos mal que  tomamos un delicioso chocolate con churros para repoñer forzas!

PARABÉNS, OLIVER

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Aniversario Oliver

Comezamos o mes de febreiro da mellor maneira, cumprindo anos. Nesta ocasión foi Oliver que nos convidou a un rico biscoito e soprou as súas 4 veliñas.

Parabéns Oliver

DÍA DA PAZ EN 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Dia da paz 3 anos

Os máis pequenos do cole tamén conmemoraron O Día da Paz.

Participamos ca silueta das nosas mans para facer o gran mural do cole, fixemos unha fermosa medalla co símbolo da paz e aprendemos quen era Wangari a través do seu fermoso conto.

Aquí podes recordalo!

Feliz día da paz, 30 de xaneiro 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut