Skip to Content

Prom. 2017

PARABÉNS, AHMED

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> aniversario Ahmed 3 anos

Xunto coa chegada da primavera, aproveitamos para festexar o aniversario de Ahmed que cumpriu 4 anos e trouxo uns ricos biscoitos de limón.

Feliz aniversario Ahmed!

 

QUE ANDAMOS ARGALLANDO NA CLASE?

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> ARGALLAMOS

Queredes saber a que estamos na clase? Que facemos?

Pois moitas cousas... aquí temos un resumo: traballamos o inverno, xogamos moito, aprendemos ca PDI, xogamos ca ruleta a falar... E ademais esta semana viña cargada de sorpresas, conmemoramos a semana da prensa e apareceunos na clase unha amiga moi especial: A pequena eiruga.

Bo finde!

Risa

PARABÉNS, AVIA

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> aniversario Avia

Nesta semana de marzo, soprou as candeas con nós a nosa compañeira Avia!

Moitos parabéns, Avia, por eses 4 aniños e grazas polo rico biscoito.Sorriso

ENTROIDO 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Entroido de 3 anos

O noso primeiro entroido no cole presentábase un pouco atípico, por iso todos os profes esforzámonos moito para non perder as tradicións!

E así foi: seguimos os mandadiños do Meco e ademais degustamos orellas, rosquillas e a xa tradicional chocolatada con churros!

O pasamos xenial!

Por certo, din que a música amansa ás feras...Ben, podemos engadir que o chocolate con churros...tamén! 

Feliz ENTROIDO!

Distribuir contido


by Dr. Radut