Skip to Content

Prom. 2015

TRABALLOS CASEIROS CONFINADOS (5º EI)

A xentiña de 4 anos estanos a mandar os seus traballos ao correo das titoras:

Fíxate nas tarefas que lle están poñendo na casa a Eva e mira que ben as fai. Que grande!

Damaris tampouco para neste confinamento. A de cousas que está a facer. Bravo!

Ivo está traballando arreo. Que non o crees? Mira, mira.

Fabio quixo saber máis do coronavirus e da primavera que, aínda que pareza que non, xa chegou.

Sergio estivo traballando cos materiais de Carvalho Calero. Hai que ver o ben que usa a tesoira!

Daniela e Noelia estanse esforzando moito e, man a man, van creando marabillas.

ANIVERSARIOS DESDE A CASA

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Aniversario de Sergio

Amiguiños, a vida segue o seu curso neste confinamento e tamén toca cumprir aniños. Desta vez foi Sergio e nada máis empezar este estado, tocáralle a Natalia.

Parabéns para os dous!!

A Sergio felicitouno a Policía Local, desde a fiestra claro, e tamén todos os compis da clase cunha foto que tiñamos para a ocasión. E quere darvos as grazas a todos. 

A cumprir moitos máis e desexamos poder celebralo todos xuntos. 

DIPLOMAS DO REINO DAS EMOCIÓNS

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Premios Reino das emocións 4 anos

Se queres a versión pdf (máis sinxela de imprimir), preme aquí.

Reino das emocións da Fundación Meniños felicita os nenos e nenas pola súa actitude e comportamento nestes días. É unha situación extraordinaria na que eles e elas están sendo en ocasións exemplo de resiliencia e adaptación e queren recoñecerllo e animalos a seguir así.

O CORONAVIRUS VISTO POLO ALUMNADO DE 4 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Coronavirus 4 anos

Pedímoslle ao alumnado de 4 anos que retrataran o coronavirus e o que debuxaron sorprenderate.

Distribuir contido


by Dr. Radut