Skip to Content

Prom. 2015

FACEMOS EMPANADA DE MAZÁ NA CLASE

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Empanada en 4 anos

Os pequenos e pequenas de 5ºB de infantil aproveitando a froita do programa FOGGA e da ONG "Axuda en Acción" elaboramos distintas formas de poder tomala: batidos, macedonias, e agora probamos coa empanada de mazá-

Como podedes ver, ten unha pintaza e estaba boísima!!

Animádevos a facela na casa é moi doado e está moi boa.

CONTOS QUE EMOCIONAN

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Contos que emocionan en 4 anos

Os nenos e nenas de 4 anos estamos a traballar con contos e talleres sobre distintos aspectos socioemocionais que consideramos moi importantes.

"Contos que emocionan está dentro do programa do concello "Coruña Educa".

Traballamos sobre a igualdade entre nenos e nenas, os distintos tipos de familias, etc. Con estas actividades dámonos conta de moitas cousas das que non eramos conscientes: os nenos xogamos ás comidiñas con normalidade na aula e as nenas xogamos con coches con toda a normalidade pero se nos preguntan "quen xoga con coches?" a resposta automática é: os nenos.

Vivimos nunha sociedade cambiante e temos que tomar conciencia dos cambios e intervir cunha actitude de respeto.

SAÍDA AO ÁGORA

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Saída á biblioteca do Ágora 4 anos

A xentiña de 4 anos visitou a bilbioteca do Ágora no que se está a converter nunha saída clásica e necesaria. Alí, léronnos dous contos marabillosos: La rana de la boca grande de Nathalie Dieterlé e Quiero un gato de Tony Ross.

MAZÁS ASADAS

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Mazás asadas en 4 anos

Nós, a xentiña de 4 anos, sabemos o que é bo e o outro día preparamos unhas mazás ao forno exquisitas. Yummy, yummy! 

Distribuir contido


by Dr. Radut