Skip to Content

4 anos

FIN DE TRIMESTRE EN 5º B DE INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Nadal en 5ºB de Infantil

Remata un trimestre cheo de aventuras e aprendizaxes e non podía ser doutra forma que celebrando o fin do curso 2023!

O pasamos moi ben, tomamos gusanitos coas 12 campanadas, e puxémonos as botas co tradicional chocolate pero esta vez con biscoito. Cantamos panxoliñas, bailamos moito e para rematar recibimos a gran visita dos Reis Magos de Oriente. Poidemos abrazalos e contarlles todo o que queríamos pedir, e por suposto lle entregamos as nosas cartas.

Agora toca descansar e disfrutar destas datas!

FELICES FESTAS FAMILIAS!

2024 vémonos pronto!

DECEMBRO EN 5ºB DE INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Últimas semanas do trimestre

O 1º trimestre chega ao seu fin e aquí vos deixamos algunhas fotos do que estivemos facendo o mes de decembro que é o mes do Nadal.

Puxemos o árbol e decoramos a aula, traballamos con propostas da temática, Herculino invitounos á biblio a ver unha peli e fixemos unha saída á filmoteca de Durán Loriga... pero o mellor, sen dúbida é un novo amiguiño que de vez en cando ven a nosa aula a facer travesuras e a pedirnos cousiñas que temos que facer: o Elfo Pichín.

Estamois moi contentos!!! 

 

......continuará.....

ANIVERSARIO DE SAMIA

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Aniversario de Samia

Hoxe celebramos o último aniversario do trimestre, o da nosa compañeira Samia.

Coma sempre fixemos o ritual de dar catro voltas ao sol xa que cumpliu catro aniños e despois merendamos e non deixamos nada.

Moitas felicidades Samia e gracias por traernos unha merenda tan rica!!

OS CABALOS EN 5ºB INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Proxecto dos Cabalos

Nas aulas de 5º de infantil estamos a facer un proxecto dos animais e en concreto dos animais da granxa. Estes dias na aula de 5ºB falamos de todo o que sabemos sobre os animais da granxa e descubrimos que hai un animal que nos gusta moito: O CABALO

Imos investigar un pouco sobre eles, e para empezar, ademais de identificar as suas características físicas descubrimos que na nosa aula temos unha compañeira que monta a cabalo e é unha mini experta do tema. Tróuxonos a súa silla de montar e deixóunola probar a todos/as e explicounos moi ben como hai que facer, que son as riendas, como se fai para que o cabalo galope ou frene, e moitas cousas mais...Tamén nos falou do importante que é o casco e o chaleco e porqué os cabalos levan ferraduras. Moitas grazas compi!

Aquí vois deixamos unha pequena parte do que fixemos estes días.

Gracias a todas as familias que nos están mandando cousiñas para o proxecto!.

Distribuir contido


by Dr. Radut