Skip to Content

4 anos

AS SEMENTES DAS MAZÁS DAS MERENDAS DE 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> SEMENTES DE MAZAS 5ºB EI

Todos os martes temos froita para merendar grazas á ONG Ayuda en Acción. Como somos moi observadores e curiosos pensamos que podiamos facer algo con aquelas sementes agochadas dentro das mazás tan xugosas.

Puxémolas en algodón con auga e...a agardar. E pasou algo, claro que pasou! Empezaron a xerminar e despois duns días, puxémolas en terra para que as nosas maceiras medren e, a ver se algún día, dan mazás.

CORTANDO O "PELO" ÁS NOSAS XARDINEIRAS PREPARÁNDOAS PARA A PRIMAVERA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> PERRUQUEIROS 5ºB EI

O curso pasado fixemos unha bonecas con botellas de deterxente e medroulles pelo. Despois do verán, secaron e, agora, hai que preparalas para esta nova tempada. 

Non se nos dá nada mal o traballo de tesoiras!!

A NENA DAS TRENZAS AO REVÉS (teatro no Forum 5º B EI)

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> TEATRO 5ºB EI

O xoves 23 de marzo fomos ao teatro ao Forum e vimos "A nena das trenzas ao revés". Estivo xenial!

EMPEZAMOS CO SENTIDO DO TACTO 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> TALLER TACTO 1 5ºB EI

Empezamos co último sentido que nos queda por traballar: o tacto.

Hoxe empezamos descubrindo distintos obxectos dentro dunha bolsa, descubrimos como son sen velos: duros, brandos, suaves, ásperos, rugosos...

Irémosvos contando máis cousas.

Distribuir contido


by Dr. Radut