Skip to Content

4 anos

SEGUNDO TALLER EN 5ºB EI: A VISTA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> TALLER: A VISTA 5ºB EI

Seguimos cos sentidos. Nesta ocasión tocoulle á vista.

Cos nosos olliños podemos ver todo o que nos rodea e, unha cousa das que máis nos gusta son as cores. Estivemos experimentando con 3 e, ao final, tiñamos 5!!Sorprendido 

FLOCOS DE MILLO PARA OS PEQUES DE 4 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> PIPOKAS

Lembrades aquelas dúas amigas que tiñamos no outono? Noa e Auri? Pois hoxe, vimos o que escondían e, sabedes?! estaban cheíñas de grans amarelos.

Pois duns grans de millo tamén saíron os flocos que fixemos hoxe: no micro e na sartén. Como saltaban!!!

Despois, o mellor de todo: a comelas!!! E como estivemos traballando o sentido do gusto, sabemos que nas papilas gustativas da nosa lingua sentimos o sabor salgado.

TALLER: O SENTIDO DO GUSTO EN 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> TALLER: O GUSTO 5ºB EI

Na clase de 5ºB de Infantil estamos descubrindo os distintos xeitos de percibir todo o que nos rodea: SENTIMOS o que nos rodea.

Despois de recoñecer os 5 sentidos, empezamos a experimentar con cada un deles. Nesta ocasión tocou o GUSTO porque o noso compañeiro Mohamed estaba de aniversario e iamos disfrutar coa merendola que nos trouxo e, sobre todo, coa tarta.

Probamos moitas cousas: limón, vinagre, azucre, galletas, tarta, sal, patacas fritas, gusanitos, anchoas, descafeinado, chocolate negro e queixo.

Descubrimos un sabor novo ademais do ácido, amargo, salgado, doce e .... sabedes cal é?

A ver se o descubrides e atopades o alimento que ten este sabor. 

Seguiremos co resto dos sentidos cando rematemos uns traballiños que nos faltan e que xa vos amosaremos.

O QUE FACEMOS NA CLASE DE RELI COA MESTRA ANA

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> RELIXIÓN

Coa mestra Ana, os nenos e nenas que temos clase de Relixión con ela, facemos traballiños para celebrar o Nadal, para o día da Paz e moitas cousas máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut