Este venres celebramos o Samaín e, para pasar polo Samaín Rebuldeiro do ximnasio, preparamos unha merenda terrorífica para ir collendo forzas. Grazas á profe Cris e á visita da nosa querida Nerea, son xeniais!!!
Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> GOMINOLAS DE MEDO 5ºB EI
O vindeiro venres imos preparar unha merenda terrorífica e despois participar no Samaín Rebuldeiro que se celebra no ximnasio. Para esa merenda xa fomos cociñando unha gominolas de medo. Mañá veremos o resultado e o venres meterémoslle o dente!
Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> CONCURSO DE CABAZAS 5º EI
Este luns participamos no Concurso de Cabazas "SAMAÍN 2022". Foron 4 participantes cuns traballos orixinais e unha máis que presentamos por toda a clase. Mirade que pasada de traballos!