Skip to Content

4 anos

SEGUIMOS XOGANDO COS SENTIDOS NO OUTONO 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> MAZÁS ASADAS 5ºB EI

Esta vez, tocou mazás asadas e para darlle un pouquiño máis de dozura, puxémolas sobre galletas!! UUmmm!!

Aínda nos queda outra para probar, pero xa volo contaremos!!  Emoción!!!

DÍA INTERNACIONAL PARA PÓR FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> 25 DE NOVEMBRO 5ºB EI

Hoxe, 25 de novembro é o día Internacional para tentar pór fin á violencia de xénero. Como dixemos na clase, se hai respeto, non hai violencia. Se ti es coma min e eu son coma ti, tampouco hai violencia.

CONSTRUINDO NA AULA DE 5º B EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> CONSTRUÍNDO EN 5ºB EI

Este venres dedicámonos a construir, tanto con pezas coma con números e con letras.

SAÍDA Á FILMOTECA DO CGAI 5ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> SAÍDA Á FILMOTECA DO CGAI 5ºB EI

O xoves 17 fixemos a primeira saída deste curso: á filmoteca do CGAI.Fomos ver dúas curtas moi interesantes: El viaje de Bu e Caracol y ballena. Encantáronnos!!

Contáronnos que nesa filmoteca teñen unha "nevera" xigante onde conservan películas antiquísimas para poder velas cando apeteza. Vén sendo coma unha biblioteca pero de películas. Interesante!

AH! Vimos o secreto que fai que as imaxes que están nunha cinta se vexan na pantalla: un potente raio de luz que atravesa a cinta.

Distribuir contido


by Dr. Radut