Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> EXCURSIÓN AO PARQUE DE EIRÍS 5ºB EI
Hoxe achegámonos ao parque de Eirís para descubrir a variedade de animais e plantas que temos preto de nós e os coidados que debemos darlles para que non desaparezan.
Vimos oliveiras, moreiras, carballos, espadañas, lirios, margaridas, parrulos, pombas, pegas, merlos, tartarugas...
E aprendemos 2 cousas moi importantes: que non se pode dar pan aos parrulos porque lles estamos a facer moito dano, sería como se nós comeramos chuches a todas horas.
E outra, que non se deben mercar mascotas e despois deixalas abandonadas en calquera sitio. Iso pasou na lagoa de Eirís coas tartarugas. A xente empezou a deixalas alí e como son orixinarias de Florida, esta lagoa non era o seu hábitat axeitado e, así, comeron as crías das ras facendo que desapareceran para sempre. Que pena!!