OS CABALOS EN 5ºB INFANTIL
Nas aulas de 5º de infantil estamos a facer un proxecto dos animais e en concreto dos animais da granxa. Estes dias na aula de 5ºB falamos de todo o que sabemos sobre os animais da granxa e descubrimos que hai un animal que nos gusta moito: O CABALO
Imos investigar un pouco sobre eles, e para empezar, ademais de identificar as suas características físicas descubrimos que na nosa aula temos unha compañeira que monta a cabalo e é unha mini experta do tema. Tróuxonos a súa silla de montar e deixóunola probar a todos/as e explicounos moi ben como hai que facer, que son as riendas, como se fai para que o cabalo galope ou frene, e moitas cousas mais...Tamén nos falou do importante que é o casco e o chaleco e porqué os cabalos levan ferraduras. Moitas grazas compi!
Aquí vois deixamos unha pequena parte do que fixemos estes días.
Gracias a todas as familias que nos están mandando cousiñas para o proxecto!.