blogue deadmin

Granxa ecolóxica. Superreto do proxecto Digicraft

Aquí tedes o vídeo resumo da nosa granxa ecolóxica! 

Día da Educación Física na rúa (27/04/2022)

O mércores 27 de abril, o CEIP Ramón Falcón celebrou o día da educación física na rúa, cunha actividade diante do concello e da carballeira da vila.

A actividade  dende 3º a 6º de Primaria, consistiu nun traballo masivo sobre as capacidades físicas básicas durante 45 minutos aproximadamente, cun quecemento previo e unha volta á calma. 

Ligas nos recreos do 3º trimestre

Durante o 3º trimestre, durante os recreos, levaranse a cabo diferentes ligas:

1º e 2º: habilidade con balóns por parellas.

3º e 4º: habilidade con raquetas.

5º e 6º: bádminton.

Resultados liga cachibol

Aquí tedes os resultados finais das ligas de cachibol celebradas durande os recreos. Noraboa a todos os participantes e de xeito especial, aos equipos gañadores.

O alumnado do CEIP Ramón Falcón na busca dos coellos de chocolate

O venres 8 de abril, o alumnado do centro realizou unha busca por todas as dependencias do colexio para atopar os coellos de chocolate. Aquí tedes un pequeno resumo.

Os Pokémons na busca do coello de chocolate

Aquí podedes desfrutar deste breakout sobre a busca do coello de chocolate. Esperemos que vos guste!

Resultados finais das ligas de cachibol

Aquí tedes o mural cós diferentes resultados nas ligas de cachibol xogadas nos períodos de recreo. Noraboa a tod@s os participantes!

Formación para o alumnado na radio e na creación de podcast

O luns 28 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, recibiu unha formación sobre o funcionamento da radio escolar e a creación de podcast, a cargo da profesional da cadena SER, Sara Meijide. Aquí tedes unhas fotos do evento e tamén os podcast que o alumnado creou. Esperemos que vos guste!

 

8 marzo: día internacional da muller

O día 8 de marzo, no colexio celebramos o día internacional da muller realizando varias actividades:

PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AS NOSAS MULLERES"

Un fermoso documental sobre a vida de diferentes mulleres do concello de Castro de Rei.

Aquí podedes ver o recorte do xornal sobre este interesante documental.

Breakout deportivo: 8 marzo

Aquí tedes un breakout deportivo sobre o 8 de marzo. Esperemos que vos guste!