Día da Educación Física na rúa (27/04/2022)

O mércores 27 de abril, o CEIP Ramón Falcón celebrou o día da educación física na rúa, cunha actividade diante do concello e da carballeira da vila.

A actividade  dende 3º a 6º de Primaria, consistiu nun traballo masivo sobre as capacidades físicas básicas durante 45 minutos aproximadamente, cun quecemento previo e unha volta á calma. 

Para os grupos de Infantil e 1º e 2º de Primaria, a actividade consistiu nun quecemento, realización de movementos globais e segmentarios e remataron có xogo do director/a de orquestra, no que cada un dirxiu o baile ao resto de participantes dende unha posición central.

Aquí tedes unhas fotos sobre ese día!