blogue deadmin

3/12/2021

O 3 de decembro do 2021, o alumnado de 1º e 2º de Primaria conmemorou o día internacional das persoas con discapacidade, realizando diversas actividades con antefaces para empatizar coas persoas con discapacidade visual.

Autumn Time by 5º & 6º

Aquí podedes ver un resumo das diferentes actvidades realizadas polo alumnado de 5º e 6º en arts & crafts, dirixidas pola teacher Luz.

Acrosport con materiais contra a violencia de xénero

O CEIP RAMÓN FALCÓN uniuse na loita para a eliminación da violencia de xénero mediante unha actividade cooperativa e inclusiva, como é o acrosport. Tamén empregaron distintos materiais na elaboración da súa menxase. 

Podcast contra a violencia de xénero realizado polo alumnado de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria, baixo a direción da súa titora, María, elaborou un podcast contra a violencia de xénero. Escoitemos, aprendamos e reflexionemos ante esta problemática social.

Bases concurso "O rural contra a violencia de xénero"

Achegamos as bases do concurso "o rural contra a violencia de xénero"

Samaín e Magosto 2021

O venres 29 de outubro celebramos o samaín e o magosto no centro. Aquí tedes un vídeo-resumo das actividades que fixemos! Esperemos que vos guste!

Ligas organizadas de xogos

No mes de novembro, comezamos coa 1º liga de cornhole, un xogo provinte dos E.E.U.U que consiste en meter un saco de area por un burato dende unha distancia.

Cada curso xogará entre eles durante dez xornadas aproximadamente e en todos os encontros haberá un árbitro ou árbitra que será o encargado de impartir xustiza, cubrir a acta do encontro e buscar o material de xogo.

Patios dinámicos e activos

Ao comezo do mes de outubro, retomamos a iniciativa dos patios dinámicos e activos no noso centro.

En Educación Infantil, dispoñemos de material (pelotas e cabalos saltaríns) durante todos os períodos de lecer. Un día á semana, tamén empregarán outro tipo de materiais de psicomotricidade e/ou realizaremos sesións de baile.

Visita ao centro da sociedade de cetrería da Terra Chá

O xoves 4 de novembro, visitaron o noso centro, María y José, membros da sociedade de cetrería da Terra Chá. Faláronnos de moitos paxaros (corvos, cucos, pegas...), explicaron en que consiste a cetrería e amosáronnos o falcón Jimena e a aguia Turca. Un auténtico espectáculo!

Concurso ciberseguridade 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou no concurso de ciberseguridade xunto media ducia de centros de Galicia. O concurso consistiu en realizar un kahoot desde cada clase.