blogue deadmin

23 abril: día do libro no CEIP Ramón Falcón

O alumnado do centro, elaborou as súas portadas favoritas, para festexar o día internacional do libro. O seguinte vídeo mostra os seus traballos. Esperamos que vos guste!

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021/2022

Xa está exposto no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso académico 2021/2022.

 

Día do consumidor no CEIP Ramón Falcón

O alumnado de 1º de Primaria, baixo a direción do mestre David, realizou un vídeo moi completo sobre o consumo e todo o que temos que saber sobre el. Disfrutádeo!

Día da poesía no CEIP Ramón Falcón

O alumnado de 4º de Primaria, dirixido pola súa mestra, María, realizou un recitado de poesías para conmemorar o día da poesía. Esperemos que vos guste!

Easter Egg Hunt

Para rematar o segundo trimestre, a profe de lingua estranxeira, Luz, propuxo unha busca do tesouro por cursos. Antes de atopar o tesouro, os diferentes equipos deberon colaborar para superar as diferentes probas e ao final buscar nun lugar do colexio o tesouro agachado: uns ricos ovos de cacao.

Women´s day

A rapazada de 5º e 6º xunto coa auxiliar de conversa, Carolina, e a mestra de lingua estranxeira, Luz, elaboraron este produción coa finalidade de por en valor o día internacional das mulleres. Parabéns a tod@s!

Febreiro no CEIP Ramón Falcón

Aquí tedes o vídeo resumo das celebracións do mes de febreiro no CEIP Ramón Falcón. Esperamos que o desfrutedes.

Formación da radio na biblio

O venres 19 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de primaria, recibiu unha interesante formación sobre o funcionamento da radio na escola a cargo dun integrante do Laboratorio de radio.

Entroido 2021

Este Entroido atípico, o CEIP Ramón Falcón celebrouno durante unha semana cós mandados do Meco: o luns algo na cabeza, o martes algo do revés, o mércores algo no corpo, o xoves algo nos pés e o venres disfrazados ou coa roupa de durmir.

Tamén, elaboramos un mural coas máscaras e mascarillas decoradas polo alumnado. Esperemos que vos guste!

Día escolar da non violencia e da Paz no CEIP Ramón Falcón

O CEIP Ramón Falcón celebrou o día escolar da non violencia e da paz uníndose a iniciativa de UNICEF: en busca da vacina contra a violencia e a favor do bo trato. Aquí poderedes ver unha pequena montaxe visual dos traballos realizados polos diferentes cursos. Esperamos que vos guste e o desfrutedes!