blogue deadmin

Entroido 2022

Presentación sobre a feira deportiva do Entroido 2022. Esperemos que vos guste!

Período de admisión para o curso 2022 - 2023

Durante este mes de marzo, ábrese o período de admisión para o vindeiro curso 2022-2023. Dende o CEIP Ramón Falcón, presentámosvos este poster informativo dos servizos e programas dos que dispón o centro.

Semana deportiva de Entroido

Durante a semana anterior á celebración do Entroido, o noso meco particular mandará unha serie de ordes diarias relacionadas con diferentes deportes para vir ao colexio de gala.

Luns: atletismo

Martes: natación

Mércores: esquí

Xoves: calquer deporte con implemento

Venres: temática libre

Mural da NBA

O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou coma complemento da Unidade Didáctica de baloncesto, unha actividade sobre a NBA. A actividade consistiu nunha busca de información sobre os diferentes equipos, a elaboración dunha base de datos comunitaria e a realización dun mural cós diferentes logos dos equipos.

Saída ao Rocódoromo

O venres 12 de febreiro, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, desfrutou da actividade do rocódromo na cidade de Lugo. Guiados por 3 monitores, aprenderon as técnicas básicas da escalada e os elementos de seguridade. Pasárono xenial!

I Liga de Cachibol

Neste 2º trimestre, comezamos coa I Liga de Cachibol por cursos, e así repectar os grupos burbulla.

O cachibol é unha modalidade modificada do voleibol para facer máis sinxela a práctica dos nenos e nenas. Os golpeos e as recepcións son as accións básicas do xogo.

Esperemos que desfrutedes desta nova competeición que estará colgada no taboleiro informativo do Plan Proxecta+.

Oco na biblioteca

A biblioteca do colexio fíxonos un oco no seu escaparate principal, fomentando así a lectura relacionada coa educación física e os deportes. Moitas grazas!

Protocolo COVID-19 para os centros educativos

Aquí podedes ver unhas diapositivas, a modo de resumo, do protocolo COVID para os centros escolares.

NOVO Protocolo de vixiancia e control epidemiolóxico fronte ao COVID no ámbito educativo

Adxúntase novo protocolo de vixiancia e control epidemiolóxico fronte ao COVID no ámbito educativo.

Resultados finais I Liga de Cornhole

Mural cós resultados finais da primeira liga de cornhole.