blogue deadmin

LIBROS DE TEXTO 2022/2023

Adxúntase a listaxe de libros de texto e cadernos para o vindeiro curso académico 22/23

Exporase unha listaxe provisional o día 11 de xuño da que se poderá facer reclamación ate o día 13.

Logo sairá a listaxe definitiva de admitidos e contías o día 22 de xullo.

Poderanse recoller os cheques de libros e material a primeira semana do mes de setembro.

COMEDOR ESCOLAR 22/23

Adxúntase documentación para entregar no cole para o comedor escolar. 

As páxinas que debedes presentar son dende a 56 ate a 61 incluídas (ANEXO II).

 

 

Lembranzas do curso 2021/2022

Aquí tedes un breve resumo das lembranzas de todo o curso 2021/2022... esperemos que vos guste! Bo período estival e vémonos en setembro!

Sesión de maxia na Biblioteca do Concello e concerto didáctico no colexio

O día 20 de xuño, o alumnado de Primaria visitou a Biblioteca do Concello para asistir a unha sesión de maxia, a cargo do mago Pedro Bugarín. Pasárono xenial!

Thanks Christina

Aquí tedes a pequena homenaxe da mestra Luz a súa compañeira Christina, a auxiliar de conversa do presente curso, que rematou a súa etapa no colexio a finais do mes de maio.

Concerto didáctico na biblioteca do Concello e masterclass de pesca no río Azúmara

O luns 30 de maio, todos os cursos do colexio, visitaron a biblioteca do Concello de Castro de Rei para asistir a un concerto didáctico impartido por Xoán Curiel, onde foron protagonistas o ukelele, a guitarra e varios instrumentos non tan convencionais para contar a historia da súa vida coa música.

A chave do almacén

Onde estará a chave que abre a porta do almacén?

Letras Galegas 2022

O CEIP Ramón Falcón celebrou o día das Letras Galegas 2022 con dúas actividades para todos os cursos.

1º: Realización por cursos dunha busca do tesouro a través dos carteis sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, espallados por todo o centro.

 

Camiñata polo río Azúmara

Aquí tedes unha mostra da camiñata realizada polo alumnado de Educación Primaria polo sendeiro PR-G 154 (Ruta do río Azúmara).

Greetings from California

Vídeo elaborado pola mestra Luz e a axiliar de conversa Christina, sobre as cousas boas de California.