Sesión de maxia na Biblioteca do Concello e concerto didáctico no colexio

O día 20 de xuño, o alumnado de Primaria visitou a Biblioteca do Concello para asistir a unha sesión de maxia, a cargo do mago Pedro Bugarín. Pasárono xenial!

Para rematar este día, os rapaces e rapazas de todo o colexio asistiron a un concerto didáctico amenizado polas Pandereteiras de Muimenta. Un grupo de alumnos e alumnas do colexio dirixidos por Andrea, tocaron pezas moi coñecidas do folclore galego tradicional.