8 marzo: día internacional da muller

O día 8 de marzo, no colexio celebramos o día internacional da muller realizando varias actividades:

PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AS NOSAS MULLERES"

Un fermoso documental sobre a vida de diferentes mulleres do concello de Castro de Rei.

Aquí podedes ver o recorte do xornal sobre este interesante documental.

MURAL "MULLERES DE CORAZÓN"

Entre todos e todas elaboramos un mural coas mulleres que queremos de corazón. Cada alumno explicou un chisco quen era a súa muller escollida.

BIBLIOTECA DE MULLERES

A biblioteca do centro engalanouse para a ocasión e realizou dúas actividades:

O stand principal, recolleu libros e biografías de mulleres importantes.

Os postos de lectura tiveron durante toda a semana pequenas biografías de mulleres.

BREAKOUT DEPORTIVO SOBRE MULLERES

Na área de Educación Física, os cursos de Educación Primaria, realizaron esta actividade de busca sobre deportitas españolas.