Blogues |
|
|||
O vindeiro mércores, 31 de xaneiro, terá lugar o segundo obradoiro de Espazo Familias. A charla leva por título "Educación sexual. Comprender para acompañar". Este taller estará a cargo de Penélope Alonso, sexóloga e psicóloga. Máis información na web EspazoFamilias https://espazofamilias.org/
|
|||
O prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º de educación Primaria que desexe continúar estudos no IES Barraña, abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións seguintes: 1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. Enlace 2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. Enlace 3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Enlace
Normativa de aplicación:
|
|||
Comprácenos anunciar que o noso centro foi un dos beneficiarios dunha subvención no ámbito do programa Erasmus + para desenvolver un proxecto de curta duración para a mobilidade de alumnos e persoal (Acción Clave 1). O proxecto, denominado “Xuntos por unha convivencia escolar de calidade e inclusiva”, ten como obxectivo mellorar a convivencia entre todos os axentes educativos (alumnado, profesorado, familias e institucións) co principal obxectivo de mellorar o desenvolvemento integral do noso alumnado. O proxecto baséase na idea de que a convivencia escolar é un factor clave para o éxito educativo, así como para a formación de persoas responsables, solidarias e comprometidas coa sociedade. Por iso, o proxecto pretende dotar ao noso profesorado das ferramentas necesarias para xestionar a diversidade, previr e resolver os conflitos, promover a participación e a colaboración, e fomentar a cultura de paz e os valores democráticos na aula e no centro. O proxecto desenvolverase ata novembro de 2024 e permitirá ao noso profesorado realizar cursos de formación, visitas de estudo e actividades de observación en diferentes países da Unión Europea. Estas actividades permitiranlles coñecer outras realidades educativas, compartir experiencias e boas prácticas, e aprender de outros profesionais e expertos no ámbito da convivencia escolar. O proxecto tamén facilitará a creación dunha rede de colaboración entre centros educativos de distintos contextos culturais e lingüísticos, coa fin de enriquecer o noso proxecto educativo e favorecer o desenvolvemento da cidadanía europea do noso alumnado. Podedes ollar as bases do noso proxecto na Plataforma de Resultados dos Proxectos Erasmus + (E+PRP) no seguinte enlace http://bit.ly/ErasmusPraiaXardin Estamos moi ilusionados con esta oportunidade e esperamos que este proxecto sexa só o principio da nosa participación en Erasmus +. Seguiremos traballando de cara as próximas convocatorias para que os nosos alumnos e alumnas tamén poidan desfrutar das vantaxes das mobilidades educativas que ofrece este programa. Manterémosvos informados das novidades e dos resultados do proxecto a través da nosa páxina web.
|
|||
A continuación, podedes escoitar o programa de radio elaborado polo alumnado de 3ºB.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »